Burela, 22 de maio de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, mantivo esta mañá un encontro coa subdelegada do Goberno e co responsable da Área de Fomento no que demandou un enlace da autovía Barreiros-San Cibrao co Hospital da Costa. Para o rexedor é moi importante contar con ese acceso, que haberá que estudar tecnicamente. Alfredo Llano amosouse optimista. O alcalde burelés tamén reclamou nova cartelería na A-8, que indique por unha banda a Mancomunidade de Municipios da Mariña e por outra que se mellore a existente que contén información sobre o Hospital da Costa. Alfredo Llano considera necesario que se indique que este centro está situado en Burela e tamén a distancia que hai desde A Espiñeira a esa localidade.
Alfredo Llano explicou que “me despracei ata a Subdelegación do Goberno en Lugo para falar con Eduardo Toba, que é o xefe de Área de Fomento, máis estaba a subdelegada, e estivemos falando dun tema moi importante para a comarca e para Burela que é o trazado da autovía que vai de Barreiros a San Cibrao. Agora mesmo está a punto de rematar a fase de alegacións do tramo que vai de Barreiros a Foz, e o que vai de Foz a Burela está na fase de información. Todos os Concellos están informando das afectacións que hai e todo o que é pertinente para facer o proxecto”.
O alcalde dixo que “en Burela como temos a suposta trazada que vai cruzar o noso concello, estiven aquí para falar cos responsables de Fomento para que se coloque un enlace entre a autovía e o Hospital da Costa. Sería un enlace interesantísimo no aspecto de que é moi importante que teñamos unha boa comunicación cando chegue un momento de urxencias, para ir pola autovía e comunicarse inmediatamente co hospital, e ao mesmo tempo tamén lle damos un enlace da autovía a Burela. Quedaron en que van estudalo tecnicamente. Ven case todas as posibilidades dado que a distancia é curta, non é moita a obra que hai que facer. Hai unha rotonda preto do hospital que posiblemente se modificará para adaptala aos enlaces da autovía. Creo que é algo importante para Burela, para o uso do hospital e polo tanto vimos necesario plantexalo agora na fase de información”.
O rexedor subliñou que “houbo unanimidade ao cen por cen. En principio somos optimistas porque si que ven a necesidade de facer ese enlace, ademais está moi xustificado sobre todo pensando nas urxencias hospitalarias que poida haber no seu momento. Tamén aproveitando, o mesmo concello de Burela tería un enlace aínda que vai ter outro, xa fora do concello, que vai ser en Cangas de Foz, e outro que posiblemente estea situado despois de Burela indo cara a Viveiro”.
Alfredo Llano comentou que “tamén lles plantexei a cartelería da A-8, como presidente da Mancomunidade. Sería interesantísimo colocar un cartel grande no que apareceran todos os concellos e os enlaces máis importantes. Hai outros carteis noutras autovías e autopistas de Galicia onde aparecen as saídas para determinados lugares, poderían aparecer Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz,… Tamén lles fixen a suxestión, aínda que está ben indicada a saída do hospital na A-8, pero parécenos que está algo escasa dado que queremos que se poña que está en Burela e que conteña a distancia que hai desde o enlace da autovía ata Burela. Agora estamos agardando porque beneficiaría ao conxunto da comarca e ao noso concello”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



