Riotorto, 22 de maio de 2019.- O BNG de Riotorto percorre nestes días as parroquias para dar a coñecer á veciñanza o seu programa electoral, un compendio de medidas que teñen como obxectivo recuperar a axenda social para o concello e crear as condicións para que a sangría demográfica non siga avanzando.
Os nacionalistas avanzan que estudarán “establecer axudas anuais para paliar os gastos derivados do consumo eléctrico das familias con rendas máis baixas”, aproveitando os impostos que se recaden coa posta en funcionamento do parque eólico A Pastoriza, con nove aeroxeneradores no municipio. A formación sostén que “só as políticas do BNG garanten que os ingresos que xenere o parque repercutan na veciñanza” e poñen como referencia ao concello de Muras, pioneiro en establecer bonificacións do consumo eléctrico con cargo aos ingresos derivados dos aeroxeneradores.
Os nacionalistas recordan que durante a súa etapa no goberno modificaron as taxas por obras e licenzas urbanísticas para que o concello obtivese o máximo beneficio do parque eólico. “Unha forma de actuar ben diferente á do Partido Popular que puxo as dependencias municipais ao servizo dos representantes de Norvento para que negociasen a compra dos terreos”, denuncian. O Concello de Riotorto ingresará uns 765.000 euros polo Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e pola licenza urbanística que debe pagar a empresa éolica.
As medidas de carácter social son o eixo central do proxecto dos nacionalistas que propoñen recuperar a gratuidade do Servizo de Axuda a Domicilio, que mantiveron sen custe adicional para os veciños durante os seus mandatos, crear un banco con material ortopédico e establecer axudas ao estudo.
O programa electoral compromete achegas de 100 euros as familias con nenas e nenos matriculados no colexio de Riotorto ou nos institutos dos concellos veciños onde teñen que completar a ensinanza obrigatoria. Tamén propoñen axudas para transporte destinadas a estudantes de Bacharelato, ciclos ou estudos universitarios.
“A nosa prioridade será crear as condicións para que as veciñas e veciños poidan vivir no concello”, conclúen os nacionalistas, que propoñen incentivar a produción ecolóxica e tradicional nas explotacións agrogandeiras do municipio.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



