Lugo, 22 de maio de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou, este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, na entrega de diplomas de dous cursos de capacitación profesional e gratuítos, postos en marcha polo Executivo Provincial. Trátase do remate dos obradoiros para a formación básica forestal, impartido por profesionais de ASEFOGA; e o curso para a formación en transformación da madeira, impartido por profesionais da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo.
López Izquierdo sinalou que “con este acto poñemos fin a esta programación coa que respondemos así a unha necesidade real de falta de persoal cualificado no eido forestal. A través destes cursos, máis de 50 persoas recibiron preto de 900 horas de formación dende o mes de febreiro, co fin de crear emprego no rural e buscar unha solución á problemática xeracional que existe nestes ámbitos profesionais”.
Nas vindeiras semanas rematará o terceiro curso sobre formación para granxas de leite e carne impartida por Unións Agrarias. A través destes obradoiros de capacitación profesional, os participantes contaron con formación teórica e práctica na que puideron manter contacto con empresarios deste sector que requiren de man de obra. Estas accións formativas enmárcanse no plan DesenvolvendORural, dotado de 2,2 millóns de euros para xerar emprego e poñer en valor o rural.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



