Ribadeo, 23 de maio de 2019. Este mércores os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo, participaron nun “Obradoiro de sexualidade” no marco do Programa CATUXA, impulsado dende a Mancomunidade da Mariña Lucense para a sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes.
A través deste obradoiro fomentouse a importancia do autocoidado e do autocoñecemento, facendo fincapé nas relacións desexadas e o bo trato. Ademais, concienciouse a mozos e mozas sobre a importancia do consentimento e da comunicación nas relacións interpersoais e dos beneficios de saber dicir NON a través de técnicas asertivas para poñer en valor os seus dereitos e saber defendelos.
Coa realización desta actividade no concello de Ribadeo, o programa CATUXA pon fin á súa andaina polos 11 centros públicos de Secundaria da Mariña Lucense.
Durante o transcurso do programa CATUXA, participaron nas diferentes accións máis de 600 alumnas e alumnos dos 16 concellos que conforma a Mancomunidade da Mariña Lucense, ademais de profesorado, nais e pais que participaron noutro tipo de encontros
Aínda que as actividades nos centros remataron, o proxecto continúa activo ata finais de xuño, así como o seu teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



