
sdr
Viveiro 23-5-19. Este xoves foi presentada na casa do Concello de Viveiro a oitava edición do Viveiro de Balonmán, un torneo que reunirá a próxima semana na cidade do Landro a preto de 350 nenos e nenas chegados desde distintos puntos da xeografía galega e asturiana. A presentación correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente do Balonmán Galipizza Viveiro, Enrique Villares; e o adestrador do equipo infantil e xogador do primeiro equipo viveirés, Aitor Freiría.
A competición, organizada polo club mariñano en colaboración coa Federación Galega de Balonmán, arrincará a tarde do próximo venres, día 31 de maio, ás 18.30 horas e pecharase o domingo ás 3 da tarde, logo de máis de 60 partidos que se disputarán entre os pavillóns Municipal, Antonio Tarrío e Vilar Ponte. Tomarán parte 26 conxuntos, representando a 11 clubs, colexios e asociación deportivas. Haberá representación de tres provincias galegas –Lugo, A Coruña e Pontevedra-, así como do veciño Principado de Asturias. “Esta oitava edición será a máis multitudinaria da historia, xa que por primeira vez superaremos os 300 participantes, polo que vemos que o torneo interesa e algún equipo asturiano sempre nos di que para eles xa é unha cita de referencia para despedir cada temporada”, destacou Freiría.
O torneo volverá contar con equipos benxamíns e alevíns mixtos, así como unha categoría infantil feminina e outra masculina. “Os encontros da fase de grupos disputaranse entre o venres e o sábado, quedando os encontros de cruces e finais para a mañá do domingo. As finais xogaranse todas seguidas no pavillón Municipal, a partir das 11.30 horas, procedéndose despois á entrega de trofeos”, explicou o xogador do Galipizza Viveiro.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, resaltou “o traballo moi importante que realizou o Balonmán Galipizza Viveiro nos últimos anos coas categorías inferiores”, ao tempo que tamén gabou a celebración deste tipo de competicións na cidade. “Estes torneos son importantes para o Concello de Viveiro porque é unha maneira de que xente doutros lugares se achegue a coñecer Viveiro. Desde o Concello imos estar sempre ao carón de todo aquilo que sexa promocionar e fomentar o deporte, sobre todo cando é de base, como acontece neste caso”, apuntou.
Neste mesmo senso, o presidente do Galipizza Viveiro, Enrique Villares, destacou o impacto económico que conleva a celebración deste torneo. “Son moitísimos os pais que acompañan aos nenos durante esta fin de semana e iso supón que deixan cartos en hoteis e restaurantes. Sempre é un gustazo ver o aspecto das gradas do pavillón Municipal o domingo, con moitísima xente gozando do balonmán e do deporte base. Debe ser das poucas veces que se enche ao longo do ano”, afirmou Villares. Así mesmo, sinalou que “ao contrario que noutros torneos de balonmán, os participantes do noso hospédanse todos en hoteis, así que o impacto económico cremos que é moi importante, xa que entre nenos, técnicos e pais podemos estar falando de máis de 800 persoas de fóra comendo e durmindo esa fin de semana en Viveiro”, destacou o presidente do Galipizza Viveiro.
APOIO AO EQUIPO SÉNIOR
Enrique Villares, que logo de 20 anos á fronte se despedirá da presidencia do Club Balonmán Viveiro neste torneo, aproveitou o acto para pedir apoio para o primeiro equipo da entidade, que este sábado se xoga ante o Xallas (Municipal, 18.30 horas) a súa permanencia na 1ª Autonómica masculina, a máxima categoría do balonmán galego. “Animo a toda a xente de Viveiro a pasarse polo Municipal este sábado para apoiar a un equipo formado case integramente por xogadores saídos da nosa canteira, que compiten todo o ano sen cobrar nada a cambio e creo que deixando moi alto o nome do pobo por toda Galicia, xa que a maioría dos seus partidos se disputan na zona de Vigo e Pontevedra”, concluíu.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
