Burela 29-5-19. O Pescados Rubén Burela FS e Juanma Marrube xa traballan no novo proxecto que regresará ao mellor espectáculo do fútbol sala en 2019-20, tras pechar os últimos detalles da renovación do técnico coa entidade laranxa para a vindeira tempada. “Estou moi contento por seguir no club. Preséntase un horizonte moi bonito, pero ao mesmo tempo moi complicado. Regresamos á Primeira División, unha das máis duras das últimas tempadas; creo que vai haber unha competencia brutal” explicaba o Mariskal, pechando un exercicio no que fixo historia.
A aposta da Familia Laranxa non tiña dúbidas. “Dende hai tempo xa o tiñamos claro. Juanma Marrube é unha peza imprescindible deste proxecto. Levamos dous anos traballando xuntos e é unha persoa da casa, coñece á perfección o club e a nosa base”, explicaba o presidente, Manuel Blanco, nunha das súas reunións co míster, en pleno proceso de configuración do novo Pescados Rubén Burela FS: “A nosa aposta é clara, xogadores da casa, xogadores galegos e sobre todo xente traballadora. Sabemos que temos un reto moi complicado por diante e a mellor forma para afrontalo é manter a filosofía destas dúas tempadas”.
O adestrador alfocego confía na filosofía que levou o equipo a ser campión de Liga para vivir outra experiencia bonita na elite: “Imos ter que estar moi preparados, club, xogadores e afección; sabemos que vai ser un cambio moi grande. Pasamos de ser campións de Segunda a ser o máis novo en Primeira. Tendo o reflexo do traballo destes dous últimos anos, seguiremos coa mesma esencia, co mesmo carácter e ganas de seguir sendo mellores”. A humildade e a dedicacón diraria serán as grandes garantías dun proxecto de continuidade, no que Juanma Marrube coincide cento por cento coa directiva: “Co descenso de hai dous anos, o club reestruturouse e planificouse cun bloque de xogadores con moita xuventude e experiencia, preparado para volver a Primeira e competir na categoría. Estamos formando un grupo sólido e ordenado e, sobre todo, moi traballador. Maioritariamente o bloque manterase, aínda que como marca a lei natural do deporte haberá algún cambio, que sempre é necesario”, valoraba así Juanma a renovación do cadro.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
