Mondoñedo 12-6-19. As localidades de Mondoñedo e Lourenzá acollerán o sábado 22 de xuño unha homenaxe a Luis Trigo Chao “O Gardarríos”, coincidindo co 71 aniversario do seu asasinato, acontecido o 25 de xuño de 1948 en Vilanova. Segundo sinalou Xosé Luis Fernández Rivera, membro da comisión popular pro homenaxe ao Gardarríos, “o obxectivo do acto é deixar testemuño da entrega á loita pola democracia de Luis Trigo e a súa compañeira Antonia Díaz Pérez, asasinados en Lourenzá vai para setenta un anos e tamén de todas aquelas persoas que na súa condición de enlaces prestaron axuda a aquela loita asumindo os riscos derivados de enfrontar á ditadura”
Luís Trigo Chao, nado o 24 de decembro de 1891 en San Pantaleón de Cabanas no antigo Concello de Riobarba, foi o máis coñecido guerrilleiro antifranquista da comarca da Mariña. Emigrante en Cuba e Arxentina, onde participou no movemento obreiro e se vinculou á ideoloxía socialista, foi o secretario xeral desta organización en Mondoñedo durante o período republicano, desenvolvendo, ao tempo, unha importante labor na organización da Federación de trabadores da terra da UXT neste concello. Gardarríos de profesión, perseguido pola súa militancia política con motivo da súa implicación na revolución de 1934, non dubidou en pasar á clandestinidade, unha vez triunfou o golpe de estado franquista, para fuxir da represión. Agochado en diversos lugares de comarca, apoiada por unha importante rede de apoios, mantivo a chama da resistencia até xuño de 1948, momento no que é asasinado en Lourenzá.
Antonia Díaz Pérez, asasinada canda Luís Trigo Chao en Lourenzá, é outro nome chave da loita guerrilleira na Mariña. Filla dunha familia moi humilde, naceu o 12 de xuño de 1928 no barrio de Vilela en Cubelas, criouse no lugar de Reverte na parroquia de Piñeira, sumándose con só 18 anos á loita contra a ditadura. Sexan cales foran as razóns que a levaron a pasar a clandestinidade, debese destacar que a familia de Antonia facía parte da tupida rede de enlaces e colaboradoras con que Luís Trigo contaba en Ribadeo, entre eles o irmán de Antonia, Raul, que con anterioridade á morte desta xa pasara pola cadea polo seu apoio aos fuxidos. As horas anteriores á súa morte en combate en Lourenzá, onde resistiron durante máis de catro horas ás forzas da orde, Antonia e Trigo deixáronse ver e bailaron na festa de Ove.
“Unha mención especial”, indica Xosé Luís Fernández Rivera, “son os centos de persoas que en toda a comarca da Mariña pero tamén nas terra Chá, A Corda ou as terras do Eo Navia lle prestaron a súa colaboración. Neste sentido queremos que a xornada de homenaxe teñan unha especial lembranza para todas elas”. “Só en Vilanova e Mondoñedo”, continúa Fernández Rivera, “foron procesadas após a súa morte Francisco Fernández Piñeiro “Paco de Cora”, Ramón Ventoso Rodríguez, Remedios Ron, Pablo Maseda, Amalio Gómez, Candido Coira, Encarnación Valea, Gerardo Redondo, Francisco López, Xosé María Alonso, Francisco Basanta, Francisco Fernández, Candido Cortiñas, Xosé Freire, Xosé María Gómez Agrelo, Juan Miranda, Antonio Rego, Antonio Rpdríguez, Eulogio Vidal, Juan López Iravedra, Manuel Rey Busto,Graciano Leivas, Dodolino Díaz Jácome, Benito Expósito, José Díaz Gil e José Paz Vázquez, este último veciño de Foz”.
O programa de actos do 22 de xuño comezará cunha mesa redonda sobre a figura de Luís Trigo Chao que se celebrará a partir das 12:00 da maña na casa da xuventude de Mondoñedo, no que participarán diversas persoas estudosas da súa vida. A xornada terá continuidade a partir das 17:30 no cemiterio de Vilanova de Lourenzá, concretamente a carón do monólito erguido o ano pasado na súa lembranza ao pé de onde se atopaban enterrados os seus cadavares desde a súa morte en 1948 A seguir desenvolverase un espectáculo poético musical, no que tomarán parte diversos poetas da Mariña e doutros lugares de Galiza, así como músicos como laurentino Lino Rico. Ao tempo, durante os actos tomarán a palabra Francisco Martínez López “Quico”, veterano da guerrilla antifranquista e mebro da Federación de guerrillas de Galiza e León e da II agrupación do exercito guerrilleiro de Galiza e Fernanda Cedrón Trigo, neta maior de Luís Trigo e destacada activista da causa da memoria histórica.
Memoria da Mariña, entidade organizadora desta popular homenaxe popular ao Gardarríos anima a toda a veciñanza da Mariña, aos colectivos sociais, organizacións sindicais e políticas e institucións a sumarse a este acto de xustiza. Neste sentido poñemos a vosa disposición unha conta de correo electrónico, homenaxegardarrios@gmail.com, e un número de telefone, 608-98-74-74, para que fagades chegar o voso apoio e colaboración a esta homenaxe. Ao tempo damos conta de que nesa xornada celebrarase un xantar de conviviu aberto a todas as persoas que queiran inscribirse até un número de 50.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



