Ribadeo, 11 de xuño de 2019. A nova residencia de maiores de Ribadeo comezará a recibir aos primeiros residentes este venres, 14 de xuño. Esa xornada chegarán os 8 primeiros usuarios e logo seguirán facéndoo de xeito escalonado ata completar as 30 primeiras prazas cubertas desta instalación. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, amósase satisfeito pola apertura deste soño colectivo, tras moitos meses de traballo, planificación, cooperación e coordinación.
O rexedor manifestou que “despois de moitísimas horas de traballo, de planificación, de diálogo, de coordinación e de cooperación, en definitiva de facer o que a cidadanía espera dos seus políticos, dos seus representantes, por fin a residencia de maiores de Ribadeo, o centro de atención a persoas maiores de Ribadeo, abrirá e empezará a súa actividade formal este venres, 14 de xuño. E para iso temos convidado ao presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, ao que foi o seu vicepresidente Antón Veiga, á Corporación actual así como aos primeiros usuarios e usuarias que van entrar a partires deste venres. Hai que ter en conta que na primeira comisión de valoración se aprobaron aproximadamente trinta expedientes de trinta persoas e estes son os que van ir entrando escalonadamente. Van empezar este venres con oito persoas, para a semana seguinte outras oito e así sucesivamente. Tamén nos vindeiros días celebraranse novas comisións de valoración para ir estudando todos os expedientes daquelas persoas que queren vir vivir os seus últimos anos, e oxalá sexan moitos, nesta especie de hotel de primeira calidade, que é o que imos poñer a andar en Ribadeo”.
Fernando Suárez dixo: “quero tamén acordarme das dúas Corporacións nas que traballamos todo este proxecto colectivo, a que vai finalizar o mandato o vindeiro sábado así como á Corporación anterior, de 2011 a 2015, que foi onde se puxeron as bases e onde xermolou toda esta idea. Ademais quero recordar a todas as asociacións de veciños que desde o principio tamén impulsaron todo este traballo colectivo, que é unha mostra de que cando algo se fai con toda a boa vontade, aplicando as leis, coordinando con todos os técnicos tanto do Concello como da Deputación, cando todo se fai colectivamente por un ben común ao final acaba resultando e isto vai ser unha realidade”.
O alcalde lembrou que “este percorrido non foi de rosas, houbo moitas pedras no camiño, houbo moitos paus nas rodas pero, a pesares de moitas zonas escuras da política e dalgunhas cloacas por aí autonómicas, por fin isto vai nacer e nace moi ben, con moita seguridade xurídica, cunha garantía de que ninguén vai ser excluído por razón dos seus ingresos ou do seu patrimonio, terán todos dereito. Será preferentemente para os de Ribadeo sen excluír a ningún de fora porque a lei non o permite, pero será unha honra para todos os homes e mulleres que queiran ir pasar os últimos anos da súa vida con toda calidade, con toda garantía e con toda ilusión”.
Suárez Barcia engadiu que “queremos dicir que toda esta apertura puidémola ter forzado para antes das eleccións, xustamente coincidindo coa campaña electoral, pero para nada quixemos forzar a máquina neste senso, sabíamos que pouco podíamos gañar, o traballo faise durante catro anos e non en quince días, e seguramente poderíamos perder diante da opinión pública de moita xente. Polo tanto agora, para que se vexa que todo aquilo que fomos dicindo durante todo este tempo era verdade, vaise ver o resultado, así que tanto os usuarios como a Corporación e calquera outra persoa que queira achegarse ata alí con nós será benvido e poderá ver esta marabilla colectiva que creamos en Ribadeo”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



