Santiago de Compostela, 26 de xuño de 19. A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á conselleira de Obras Pública que inicie as obras de saneamento da Ría de Viveiro, que a UE esixiu en 2010 e que a Xunta leva adiando dende entón poñendo en risco os 2,4 millóns de euros dispoñibles dos fondos Feder. Otero presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para esixir “axilidade” por parte de Augas de Galicia para iniciar as actuacións.
A responsable socialista retrucoulle á conselleira, que sinalara que o Concello se vira “superado” pola situación, que “o único superado foi o PP nas últimas eleccións municipais”, e preguntoulle “se estariamos a falar deste incumprimento se en Viveiro gobernara un alcalde do PP”. Puntualizou que “non lles estamos a pedir que lles guste que goberne María Loureiro nin o PSdeG, estámoslle a pedir a Augas de Galicia que realice as obras de saneamento pendentes”.
Otero alertou que Galicia está en serio risco de perder os fondos europeos se a Xunta incumpre coa data límite posta pola UE, en decembro de 2020, para rematar coas obras. Esta data, lembrou, foi fixada en 2010, ao que o goberno galego respondeu en 2011 anunciando a execución en 2015, pero “estamos a xuño de 2019 e as obras nin sequera están iniciadas”, e alertou de que “tampouco van cumprir” co novo prazo fixado para 2019.
A parlamentaria socialista esixiulle á conselleira que comece co proxecto de saneamento da ría coa retirada do antigo emisario submarino, como paso previo á instalación dun novo, así como dunha nova estación de bombeo en Celeiro e un novo depósito. Este é o segundo proxecto do saneamento que debera comezar coa construción dunha nova balsa, un novo pretratamento e unha nova desinfección da Edar de Viveiro.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



