Ribadeo, 28 de xuño de 2019. O obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño acolleu esta semana dúas xornadas dedicadas á reciclaxe, ao medio ambiente e á promoción do Camiño de Santiago con nenos e nenas das Colonias de Verán da Casa de Xuventude.
Os participantes do obradoiro de emprego puideron desenvolver un proxecto didáctico conxunto entre os dous módulos de Accións Culturais e Xardinería, que supuxo unha forma de aprendizaxe activa e participativa. Os alumnos/traballadores que reciben formación no Certificado de Profesionalidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais tiveron a oportunidade de organizar o colectivo infantil, preparar talleres ambientais e, en xeral, todos os labores relacionados coa organización das xornadas. Pola súa banda, os participantes que reciben formación do Certificado de Profesionalidade, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes acondicionaron os espazos axardinados para o desenvolvemento das xornadas.
Na mañá do xoves corenta nenos e nenas das Colonias de Verán ribadenses achegáronse a Vilela (Cobelas) para gozar dos talleres de identificación de especies arbóreas, plantación dun espazo botánico de arbustos de froitos silvestres e elaboración de bombas de sementes. Os rapaces e rapazas foron guiados polos participantes no obradoiro de emprego e puideron levar para a casa un mini herbario de especies autóctonas. A práctica da que máis gozaron foi o momento da batalla campal á deforestación, co lanzamento de bombas de semente no espazo de carballeira.
E o venres un total de 47 rapaces e rapazas participaron na xornada da reciclaxe ao longo do Camiño de Santiago, concretamente na contorna do albergue da Pena. Gozaron de tres talleres de reciclaxe, construción de hoteis de insectos, hortos ecolóxicos e obradoiro de reutilización. A mañá deu comezo co percorrido dun tramo do Camiño de Santiago recollendo lixo para desenvolver o taller de reutilización de residuos; as rapazas e rapaces aprenderon a converter unha botella de auga nunha maceta de autorego sobre a que plantaron unha leituga e levárona para ás súas casas. Así mesmo puideron construír hoteis de insectos con madeiras vellas e caixas de cartón que colocaron para contribuír ao incremento da biodiversidade de especies. Na contorna do albergue municipal da Pena construíuse un horto ecolóxico con palés de madeira desbotables sobre os que os participantes puideron plantar hortalizas e decorar a madeira.
O proxecto didáctico Obradoiros Camiño Verde serviu aos participantes do obradoiro de emprego para experimentar unha forma de aprendizaxe participativa e colaborativa e aos nenos e nenas das Colonias de Verán serviulles como experiencia de concienciación ambiental. Sobre todo foron dúas xornadas de sensibilización ambiental e promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo para todos os participantes en xeral, segundo explican desde a dirección do obradoiro de emprego.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



