Ribadeo, 29 de xuño de 2019. A organización do Ribadeo Indiano, co patrocinio de Vegalsa (HiperEroski Ribadeo) e Be One, convoca o Certame Benéfico de Pintura ao aire libre Ribadeo Indiano. Este evento está concibido como un acto benéfico, no que os ingresos serán destinados ao Hospital Hijas de Galicia. Esta institución, ubicada en A Habana (Cuba), naceu en 1917 para defender, apoiar e asistir ás mulleres galegas. O pasado 20 de xaneiro este hospital veuse afectado por un tornado. Así, os participantes deberán doar a súas obras, co fin de ser subastadas ou postas á venda, para destinar os fondos obtidos a esta institución.
O certame de pintura terá lugar o sábado, 13 de xullo, nos diversos espazos onde teñen lugar as actividades deste evento, no casco urbano de Ribadeo.
Este concurso está dirixido a pintores/as, tanto profesionais como afeccionados, establecéndose dúas categorías:
-Adulto a partir de 16 anos inclusive.
-Infantil a partir de 7 anos inclusive.
A inscrición será gratuíta e estará aberta ata o día 13 de xullo ás 10.30 horas.Os interesados/as poderán inscribirse no correo ribadeoindiano19@gmail.com, indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e lugar de procedencia. Para calquera dúbida ou aclaración poderán chamar ao 982 128 689 ou 982 128 650 (Área de Desenvolvemento Local).
Os premios serán os seguintes:
Categoría adulta
1º: 400 euros e diploman patrocinado por Vegalsa (HiperEroski Ribadeo)
2º: 200 euros e diploma patrocinado por Be One
3º: 100 euros e diploma patrocinado por Be One
Categoría infantil
1º: pack de libros e diploma
2º: pack de libros e diploma
3º: pack de libros e diploma
As obras serán subastadas nun acto público que terá lugar o domingo, 14 de xullo, no Quiosco da Música do parque de San Francisco ás 13.00 horas.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



