Lourenzá 3-7-19. Estes últimos días ata 6 novos xogadores do plantel desta pasada tempada deron o OK a continuar un ano máis no Atleti. Falamos con eles sobre o que esperan dunha nova tempada ilusionante:
Suso Foro: “Temporada difícil e dura, debido a ser unha categoría máis esixente, e na que se estrea moita xente nova na que speremos que se adapte o antes posible…pero convencido de que vamos asentar ó equipo na categoría que se merece”
Noé Recalde: “Pois dende que levo no primeiro equipo que xa é a miña duodécima temporada sen contar un ano que tiven no Iberia é a máis ilusionante, creo que todos os fichaxes nos van aportar moito, se temos compromiso e traballo creo q podemos facer unha gran temporada. Temos unha boa mezcla de xuventude e veteráns , agora temos que demostralo no verde como diría un ex entrenador noso”
Jorge López: “Estou moi ilusionado polo próximo ano, xa que conseguimos manter practicamente todo o equipo e as fichaxes vannos facer máis fortes se cabe. Seguindo na mesma liña de traballo que nos últimos anos, non creo que suframos para conseguir o obxectivo de salvar a categoría e competir por unha boa posición final na táboa. A afición merece compromiso e unha boa temporada”
Roi Rguez. : “Despois do conseguido o ano pasado a plantilla afronta este ano con ganas e ilusión nesta nova categoría. Será máis esixente pero coas novas incorporacions e mantendo o grupo de vestiario que caracteriza ó Atleli non dubido que acadar a permanencia será sinxelo.”
Diego López Juve: “Todos sabemos que foi un ano complicado sobre todo ao principio da tempada aunque soupemos darlle a volta á tortilla con compromiso, bo rollo e sobre todo gracias a aficción.
Este ano supón máis esforzo xa que cambiamos de categoría e toca dar máis o callo, temos novas incorporacions ademais dos que xa eramos polo que deberíamos manter o obxetivo de aguantar en primeira. Espero que siga habendo o compromiso que houbo ata agora e que ainda que as cousas non salgan ben sempre temos a oportunidade de darlle a volta porque somos o ATLETI LOURENZÁ e que ás veces “no estámos muertos, estámos de parranda”
David Vizoso Billy: “O ano pasado empezamos a tempada algo floxos, pero a base de esforzo e ganas conseguimos o gran obxetivo, que foi ascender. Este ano coas novas incorporacións e competindo como sabemos podemos dar outro gran paso.”




















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
