Lugo, 6 de xullo, 2019. A presidenta provincial e deputada pola Mariña, Elena Candia, presentou este sábado ao equipo de traballo que conformará o grupo provincial do PP na Deputación para o vindeiro mandato; “un gran equipo, dixo, que ademais gañou as eleccións”, e que, por tanto, está en disposición de gobernar.
“Temos un proxecto de provincia, que esperamos poder executalo para gobernar esta institución se respectan o que decidiron os veciños e veciñas, pero se os que perderon non nos deixan facelo faremos unha oposición construtiva e coherente, defendendo o que fixemos nos últimos anos, sobre todo, nestes últimos catro, onde cun goberno en minoría, este grupo, e dunha maneira responsable, conseguiu que se levasen a cabo os principais proxectos”. A modo de exemplo, Elena Candia citou “a aplicación dun reparto equilibrado de fondos para os Concellos, apartar esa maneira de traballar con sectarismo do Partido Socialista”, ademais de investimentos económicos importantes como foron os Plans Único e de Rehabilitación de Firme de Estradas Provinciais.
Proxecto de provincia
En total, dos 12 deputados, cinco estréanse no cargo. Trátase do candidato de Foz, Javier Castiñeira, do concelleiro de Lugo, Óscar Poy, e dos alcaldes de Palas de Rei, Friol e Folgoso do Courel, Pablo Taboada, José Ángel Santos e Lola Castro, respectivamente.
“Vimos con ilusión e con ganas de traballar. Apostamos pola colaboración institucional e o reforzo do traballo conxunto co Goberno do Estado, a Xunta e os Concellos”. Todo o contrario, engadiu, de como empregou estes anos o PSOE a Deputación.
“Somos críticos con que as institucións se veñan usando como fai o Partido Socialista, como arma arroxadiza en contra daqueles gobernos onde non o fai o seu Partido”. Pola contra, remarcou: “o noso único compromiso é a provincia porque para iso tivemos o apoio maioritario dos cidadáns”. A este respecto, a popular pediulle ao PSOE “que deixe de utilizar as institucións como instrumento onde intenta arranxar as desavenencias internas”. Nós falamos de provincia e temos a responsabilidade de non traer ningún problema a esta administración”.
A este respecto, adianta que a súa acción estará centrada en demandar do goberno novos instrumentos que potencien os servizos sociais, o emprego e desenvolvemento do sectores produtivos, a xuventude e a infancia, a mellora das infraestruturas ou a posta en valor do potencial mediambiental, cultural e turístico do que dispón a provincia.
Deputados por Partidos Xudiciais
A presidenta provincial e deputada electa por Mondoñedo destacou a experiencia e a preparación dos elixidos, así como a xuventude doutros como pode ser o alcalde de Friol. Todos eles, dixo, “representamos ao Partido que gañou as eleccións nesta provincia e, por tanto, que máis alcaldes conseguiu e que máis concelleiros ten”. Os deputados elixidos por cada Partido Xudicial son os seguintes:
Partido Xudicial de Mondoñedo:
1.- Elena Candia López. 41 anos. Avogada e xestora administrativa. Alcaldesa de Mondoñedo dende 2015 e voceira deste grupo na Deputación dende 2012.
2.- Javier Castiñeira. 49 anos. Arquitecto técnico. Alcalde de Foz dende 2011 ata 2019. Estréase como deputado provincial.
3.- Jesús Novo. 60 anos. Empresario do sector da pesca. Alcalde de O Vicedo dende 2001. Esta sería a segunda lexislatura como deputado. A anterior foi durante o mandato de 2011-2015.
Partido Xudicial de Vilalba:
1.- Agustín Baamonde. 69 anos. Licenciado en Dereito. En 1990 foi elixido alcalde en substitución de José María García Leira. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como rexedor nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata o 12 de maio de 2005 que deixou o cargo ao ser elixido deputado no Parlamento de Galicia. Foi deputado provincial (1991-2005). En novembro 2016 substituíu a Gerardo Criado Guizán na alcaldía de Vilalba.
Partido Xudicial de Lugo
1.- Óscar Poy. 45 anos. Traballador da industria alimentaria. Concelleiro do Concello de Lugo dende maio de 2019. Estréase como deputado provincial.
2.- José Antonio García. 48 anos. Licenciado en Dereito. Alcalde de Sarria dende 2011 ata 2015. Previamente, en 2009 foi deputado no Parlamento de Galicia ata 2011, ano no que acada a alcaldía con maioría absoluta.. Dende 2011 ata 2015 tamén foi vogal na executiva da FEGAMP. Esta sería a segunda lexislatura como deputado provincial.
3.- Jesús Núñez Díaz. 62 anos. Diplomado en Administración e Dirección de Empresas. Alcalde de As Nogais dende 2011 e deputado provincial dende 2017.
4.- Francisco Balado. 45 anos. Licenciado en Dereito. Alcalde de Castro de Rei dende 2011 e deputado provincial dende 2015.
5.- José Pardo Lombao. 64 anos. Gandeiro de profesión. Alcalde de Outeiro de Rei dende 1997 e deputado provincial dende 2015.
6.- José Ángel Santos. 38 anos. Técnico Capataz Agrícola e titular dunha explotación de leite. Alcalde de Friol dende 2007. Estréase como deputado provincial.
Partido Xudicial de Chantada
1.- Pablo Taboda. 47 anos. Funcionario. Alcalde de Palas de Rei dende 2015. Estréase como deputado provincial.
Pardido Xudicial de Monforte
1.- Lola Castro. 42 anos. Secretaria de dirección. Alcaldesa de Folgoso do Courel dende 2009.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



