O Valadouro, 6 de xullo 2019. Os resultados electorais do 26 de maio no Valadouro mostraron o descenso do PSdeG-PSOE e mais do PP e o aumento de apoios e de representación municipal do BNG. A nova composición da corporación municipal (PSOE 4, PP 4, BNG 2 e UDIVAL 1), confirma unha vez mais, ao igual que hai 4 anos a ausencia de maioría absoluta neste concello. Neste escenario, os partidos que desde 2015 ata 2019 gobernaron o concello conxuntamente, Psoe e Bng, despois do pasado 26 de maio iniciaron conversas para conformar un novo goberno de progreso para o Valadouro, asinando o 15 de xuño un acordo para gobernar o Valadouro no período 2019 – 2023.
O primeiro punto de dito acordo que decía textualmente “os concelleiros electos do BNG do concello de O Valadouro comprométense a apoiar, emitindo o seu voto favorable, a investidura como alcalde do candidato do PSdeG – PSOE, Edmundo Maseda”, foi cumplido ao pé da letra polos concelleiros do Bng, que o 15 de xuño no pleno de investidura votaron ao candidato do Psoe para alcalde.
Nestes términos foi nos que se expresou Eduardo Chao na rolda de prensa celebrada no día de hoxe, que insistiu na lealdade que o Bng amosou despois de ter asinado o pacto de goberno, algo que non fixo o Psoe.
Chegouse a esta situación pola irresponsabilidade do PSdeG-Psoe que non actuou coa mesma lealdade que o Bng
Non houbo a mesma corresponsabilidade nin a mesma lealdade por parte do PSdeG-Psoe no pleno de organización celebrado o 28 de xuño, pois non se levaron a pleno todos os puntos do acordo de goberno que asinaran as dúas formacións políticas o día 15 de xuño, e o que é mais grave: ocultando información, pois os concelleiros do Bng á hora de empezar o pleno non dispoñían das propostas que a alcaldía levaba a esa sesión tan importante.
O BNG non vai permitir que se difundan falsas informacións a respecto do comportamento dos concelleiros do BNG
Todo o que aconteceu despois desta data é coñecido, pero “o Bng non vai permitir de ningún partido político, e neste caso do PSdeG-Psoe que se difundan bulos e falsas informacións sobre o comportamento dos seus concelleiros no Valadouro, que actuaron sempre con lealdade ata que os socialistas racharon o acordo” afirmou Antonio Veiga, en representación da executiva comarcal do BNG.
Tamén explicou Eduardo Chao a alternativa que lle trasladou a Edmundo Maseda antes do pleno de organización cando (despois de ter asinado o acordo), o edil socialista propuxo reducir a asignación ao Bng. A oferta de Chao foi rebaixarense cada unha das formacións o 50% das cantidades asinadas no acordo, algo ao que o Psoe a día de hoxe ainda non lle deu resposta.
O BNG DO VALADOURO MOSTRA PUBLICAMENTE A SÚA POSICIÓN E MAIS O DOCUMENTO DE ACORDO QUE O PSOE INCUMPRIU
O PSOE e o BNG asinaran un documento onde ambos grupos aceptaban, de mutuo acordo, designar dúas dedicacións con asignacións de 30.000 euros para cada unha.
Este acordo foi consensuado e asinado no local da agrupación local socialista unha hora antes do pleno de investidura, e hai uns días, o alcalde desdíxose do pactado baixo sinatura.
O señor Maseda dirixiuse a nós afirmando que a cifra acordada non era apropiada por excesiva, pois consideraba elevada a dedicación asignada ao grupo nacionalista.
Ás deslealdades cometidas polo grupo socialista, debemos engadir as advertencias de dúas concelleiras do PSOE local, quen ameazaron con absterse no referente ao punto das dedicacións exclusivas, momento en que os concelleiros do BNG lles recordamos que o acordo fora consensuado para levarse a cabo na súa totalidade, e non por partes.
Desde o Bng recordámoslles de novo que existía un documento asinado, o cal fora condición indispensable para chegar á investidura cun obxectivo común: Conformar un goberno de progreso no Valadouro.
Ante a insistencia do alcalde en modificar o acordo, ofrecimoslle unha considerable redución do importe pactado: 15000 euros para cada dedicación (unha do PSOE e outra do BNG, como ao principio).
Nese instante, a resposta do sr. Maseda foi: “Xa non baixo máis os pantalóns”; palabras textuais do rexedor.
Da proposta dos 15.000 euros, realizada de xeito verbal, aínda non obtivemos resposta por parte do alcalde, polo que entendemos que detrás da ruptura do acordo non está a cuestión económica, senón algún outro factor aínda oculto.
Todo isto propiciou un clima de desconfianza que desde o BNG interpretmos coma un retroceso inexplicábel nas negociacións, sobre todo cando existe un documento asinado polos membros de ambos grupos, documento que o BNG porá á disposición dos veciños e veciñas do municipio.
É falso –como proclamou o PSOE a través dalgúns medios- que os concelleiros do BNG faltaran ás súas responsabilidades á fronte do concello, pois aínda sen tomar posesión dos seus cargos nin terse celebrado o pleno de organización, desde o departamento de Cultura organizouse o Foleón de San Xoán (grazas ao que centos de veciños puideron celebrar o comezo do verán de xeito tradicional), e mais xestionouse, a través do departamento de Servizos Sociais un asunto de urxencia.
Queda claro, polo tanto, que o BNG do Valadouro non deixou de responsabilizarse nin un só día das súas funcións.
Portas abertas a un novo acordo
Desde a formación nacionalista, o seu portavoz no Valadouro, Eduardo Chao manifestou a disponibilidade da súa organización de dialogar co PSdeG-Psoe, se estes queren un acordo de goberno de progreso para o Valadouro, algo polo que apostou sempre o Bng, como demostrou nos últimos catro anos, facilitando un goberno progresista donde os nacionalistas foron peza clave.
“Eso sí, ese novo acordo de goberno, se o Psoe está disposto a traballar por el, será empezando as negociacións desde cero, e poñendo por enriba de todo o interés xeral das veciñas e veciños do Valadouro e basado no respeto e na lealdade”, manifestaron Eliseo Teijeiro e Eduardo Chao.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



