Burela, 6 de xullo de 2019. A Escola Municipal de Música de Burela acollerá un curso de verán de Jazz e Música Moderna, que se celebrará do 8 ao 11 de xullo de 16:30 a 21:30 horas. A matrícula é libre e os alumnos participantes ofrecerán un concerto de clausura o xoves 11 na praza da Mariña. O profesor da escola burelesa e coordinador deste curso, José García, salienta que o jazz é un estilo cada vez máis demandado nas escolas de música.
José García explicou que “el curso, igual que el año pasado, tiene la matrícula abierta no solamente a los alumnos de la Escuela sino a todo el mundo que quiera participar. Tocaremos el tema del jazz, que es algo que está poco difundido en las escuelas de música y que tiene bastante aceptación y bastante demanda últimamente”.
O coordinador deste curso de jazz engadiu que “tocaremos temas relacionados con la improvisación y un repertorio adaptado al estilo de todas las épocas, jazz más antiguo y más moderno, un poco de todo. Ahora mismo creo que hay entre diez y quince personas inscritas, y esperamos que alguna más se acerque. Los horarios van a ser de cuatro y media a nueve y media de la tarde, de lunes a jueves, en la Escuela Municipal de Música. Quien no esté matriculado y se quiera pasar en algún momento allí estaremos”.
García engadiu que “el último día, el 11, haremos una fiesta de clausura en la plaza da Mariña, con los alumnos del curso e incluso con gente más profesional que vendrá, y tocaremos el repertorio que hayamos montado durante la semana en el curso. Allí se pondrá en práctica lo visto en el curso con los alumnos como protagonistas”.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



