Mondoñedo, 8 de xullo de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e co xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, na que lles volveu trasladar o seu interese polo arranxo da estrada nacional N-634 ao seu paso polo termo municipal mindoniense.
A rexedora de Mondoñedo recorda que “a estrada nacional N-634 é a alternativa que se usa cando a autovía A-8 pecha por mor da intensa néboa que se acumula no Fiouco e o seu mal estado impide unha circulación en condicións de seguridade”.
Candia interesouse tamén polo seguimento doutros proxectos a desenvolver no municipio para os que xa se estableceron partidas económicas nos Orzamentos do Estado. Concretamente, a alcaldesa popular preguntou pola solución ao problema coas escorrentías da A-8 en Vedrós e O Carme.
A xuntanza serviu, ademais, para asinar a cesión ao Concello de Mondoñedo da titularidade de dous tramos da antiga N-634 nas parroquias de Sasdónigas e San Vicente coa finalidade de poñelos á disposición da administración local, tal e como viñan demandando os veciños e veciñas.
Tralo remate fai uns meses das actuacións de asfaltado e repintado solicitadas ao Ministerio de Fomento, agora o Concello asinou as actas de cesión que permitirán a redución da burocracia aos veciños e veciñas. A partir de agora será o Concello o responsable de explotación e conservación da vía.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



