Lugo, 12 de xullo de 2019.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para o seguimento e información meteorolóxica e de calidade do aire, polo que durante nas últimas semanas comezou a instalar seis novas estacións meteorolóxicas e outras tantas pantallas de información en 11 concellos lucenses.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se sumarán estacións meteorolóxicas nos concellos de Riotorto, Monforte de Lemos, Cospeito, Portomarín e dúas no Valadouro -unha no casco urbano e outra no Cadramón-. Pola súa banda, as pantallas situaranse en Foz, Sarria, Monforte de Lemos -as tres xa instaladas-, Ribadeo, Lugo e Pedrafita do Cebreiro.
As novas estacións ampliarán a rede de máis de 150 dispositivos meteorolóxicos instalados por toda a xeografía galega. Estas están dotadas con sensores de velocidade e dirección do vento, humidade, presión, choiva, temperatura exterior e tamén temperatura no interior do chan e sobre o chan (a 10 cm de profundidade e a 10 de altura sobre o solo). Deste xeito, reforzan a información meteorolóxica, de cara a detectar fenómenos adversos, elaborar a predición meteorolóxica e outros fines climáticos e agrometeorolóxicos.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático tamén quere mellorar a información aos cidadáns coa posta en marcha das pantallas dixitais que permiten comunicar datos meteorolóxicos, avisos ante fenómenos extremos ou posibles eventos sobre a calidade do aire.
Estas pantallas, co-financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, serán instaladas en urbes con elevada poboación e tamén nos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago e en zonas costeiras.
A información que proporcionarán as pantallas será específica para o lugar, diferenciando os datos de interese segundo a zona -costa (temperatura da auga, ondas, mareas…) ou interior- e a estación cálida ou fría.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



