RIBADEO (FNC) .- O Concello está recibir as queixas de moitos veciños sobre as dificultades coas que se están a atopar para comunicar ou obter autorización para realizar queimas na zona rural. O responsable de Medio Ambiente aboga porque o problema de solvente e o servizo funcione correctamente igual que acontecía o ano pasado.
Horacio Cupeiro dixo que “no Concello estamos a recibir unha serie de queixas de moitos veciños que non son capaces de contactar cun 902 no que obterían autorización para realizar queimas na zona rural. Estes días estou en comunicación coa Xunta para facerlles chegar esta inquietude que temos desde o Concello de Ribadeo debido a este problema co que se atopa moita xente que está minutos e minutos agardando a que os atendan nese 902, eu tamén estiven chamando e puideno comprobar”.
Ao concelleiro de Medio Ambiente cónstalle que “agora mesmo están tentando solucionar este atranco administrativo que hai concretamente un ano non pasaba. Non quero entrar en botarlle a culpa a ninguén, porque estean uns ou outros no goberno, o que sí quero dicir é que antes non tiñamos este problema e agora sí, porque os veciños teñen que sofrir esta dificultade que tamén se está a dar no resto de Galicia. Temos que conseguir que este servizo funcione igual que ocorría hai un ano”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



