Burela, 23 de xullo de 2019. O Concello de Burela acolleu, este mediodía, a presentación da XXXV Feira do Bonito, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto. En total vanse servir 3.500 quilos de túnido preparado á grella, cocido, en empanada, en salpicón e en marmitako. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliña que esta será unha edición moi especial xa que é a primeira que se celebra despois de que a feira fose declarada festa de interese turístico nacional. O pregón será pronunciado pola actriz Estíbaliz Veiga, o sábado ao mediodía, e pola noite actuará Budiño. Ademais do 2 ao 4 de agosto celebrarase, tamén no porto de Burela, a décimo novena edición de Produart, a feira de produtos artesáns e ecolóxicos, que contará con 60 stands.
O rexedor burelés dixo que “é unha edición que consideramos importante para o noso concello dado que é a número 35 e está considerada como de interese turístico nacional, e iso sempre é o inicio dun cambio e dunha singularidade que vai tomar esta feira a partir de agora”.
Alfredo Llano quixo “recoñecer a labor dos voluntarios e voluntarias que conforman a organización, que está dirixida pola sociedade cultural Ledicia. Esta xente que unha semana antes se pon a traballar de forma solidaria, cooperando e compartindo o moito traballo que hai que facer. Van xestionar nin máis nin menos que 3.000 ou 3.500 quilos de bonito, que se vai ofrecer á xente que se achegue a Burela o primeiro fin de semana de agosto. Farase en cinco preparacións. Tres vanse dar nunha bandexa, á grella, cocido e en empanada, sempre se fai así para que se teña unha idea global de como se pode preparar. Ademais tamén se vai ofrecer en salpicón e en marmitako. Eses dous días van ser importantes para a pesca e para o bonito e celebrarase no recinto feiral do porto de Burela”.
Tamén esta mediodía se presentou a XIX Produart, a feira de produtos artesáns e ecolóxicos. Que terá lugar do 2 ao 4 de agosto na nave de redes, onde vai haber 60 stands. “É moito o que se vai ofrecer este ano. Fíxose un traballo importante para dimensionar estes produtos, para que sexan atractivos e animen á xente a consumir produtos ecolóxicos”, manifestou Alfredo Llano.
O rexedor burelés engadiu que “é importante dicir que ao ser de interese turístico nacional a Feira do Bonito, imos intentar ir incorporando cousas e mellorar todo o que se poida. Queremos darlle as grazas a todos os voluntarios e voluntarias que están traballando moito para que isto vaia para arriba. É un gran atractivo turístico, cultural e gastronómico para ese primeiro fin de semana do mes de agosto”.
O alcalde, Alfredo Llano convida a que “se achegue a xente tanto da zona da Mariña, como doutros puntos de Galicia e de Asturias, porque esa fin de semana Burela vai ser o epicentro de toda a comarca. Ademais da Feira e de Produart, imos ter un atractivo musical como é a presenza de Budiño, que penso que vai atraer moitísima xente o sábado, ás dez da noite. Ademais esa mesma xornada será o pregón ofrecido pola actriz Estíbaliz Veiga, que é da nosa comarca, de Barreiros, e que tamén nos axudou noutros eventos. Creo que vai estar moi interesante e unha vez rematado vai haber unha sesión vermú que animará á xente a participar nesta edición da Feira do Bonito”. O pregón de Estíbaliz Veiga está previsto para as dúas da tarde.
No acto de presentación da XXXV Feira do Bonita e da XIX Produart participaron representantes de Ledicia, de Absa e da confraría de pescadores de Burela, entre outr@s.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



