Alfoz, 24 de xullo, 2019. Os populares de Alfoz denuncian o “total abandono” no que o Goberno local mantén a piscina, os parques e as áreas recreativas do municipio. “É lamentable o estado no que se atopan, precisamente, agora no verán cando máis uso se fai delas e os nenos e nenas ocupan estas zonas diariamente”, manifestan.
Precisamente, os concelleiros do Partido Popular en Alfoz explican que “xa houbo dúas festas ao lado do parque de López Palmeiro” e, a pesar diso, “a zona segue sen rozar dende antes do verán e conta con herba e maleza que invade zonas de paso”. Os populares lamentan, polo tanto, o estado da zona a poucos días de celebrarse a festa anual no lugar.
Así mesmo, critican que “despois das anteriores celebracións o lixo siga sen recoller” e, como consecuencia diso, remate tamén “entre os elementos do parque infantil. Ao perigo que supón o mobiliario oxidado, hai que engadir a presenza de cristais e outros residuos nos lugares máis concorridos polos nenos e nenas agora no verán”.
Para os concelleiros do PP no municipio esta ausencia de actuacións denota “un gran abandono” e demostra “unha falta de consideración aos veciños e veciñas”. Lamentan, dende o Grupo Municipal Popular, que “o Goberno local presuma do remanente económico nas arcas municipais, pero non se empregue ese diñeiro para manter en bo estado de conservación o material propiedade do Concello”.
“Falta de previsión e xestión”
Dende o Grupo Municipal do PP lamentan a “absoluta falta de previsión e xestión ás que, por outra banda, xa nos ten acostumado o Goberno do PSOE. É incrible que non sexan capaces de xestionar a limpeza destas zonas”, consideran. Aos populares preocúpalles que “a falta de limpeza poida supoñer problemas para os usuarios e usuarias dos parques e áreas recreativas, así coma aos da piscina municipal”.
A piscina, en mal estado de conservación
Os populares lembran que “a piscina municipal leva case un mes aberta ao público”; pero “tamén presenta un total estado de deixadez”. As instalacións presentan un mal estado de conservación e, polo tanto, un aspecto descoidado: as paredes presentan humidades no interior e polo exterior hai zonas nas que non dispoñen de pintura. “Incluso as tubaxes están oxidadas”, engaden.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



