Foz, 28 de xullo, 2019. As xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación cultural A Pomba do Arco xornadas arrancan o luns 29 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra a cargo do historiador focego Xoán Ramón Fernández Pacios titulada “O camiño de Santiago por Foz”. O investigador mariñán é unha destacada referencia dos estudos xacobeos no noso concello e no conxunto da Mariña, sendo autor de diversas publicacións inescusábeis no tema, como son os seus traballos sobre o Hospital de peregrinos de San Martiño de Mondoñedo ou o seu volume sobre o Camiño de Mar, que partindo de Ribadeo, percorrería toda á area costeira da Mariña até chegar a Ferrol, onde ligaría co Camiño Inglés. O ámbito dos estudos de Fernández Pacios abrangue outros ámbitos, tendo presentado en pasadas edicións destas xornadas, relatorios sobre os normandos en Foz, a figura de San Gonzalo, a quen asocia co bispo Gonzalo Froilaz, os corsarios na Mariña de Lugo ou a fidalguía focega durante a idade moderna.
As primeiras noticias do Hospital de peregrinos de San Martiño proceden de 1530 e 1541, afirmando Pacios que “ a súa fundación debe ser anterior a finais do século XV xa que o hospital atopábase baixo a advocación de San Sebastián, igual que o de Ribadeo, sendo precisamente nese momento cando San Sebastián é substituído por San Roque como santo ao que se lle pregaba para erradicala peste”. Na mesma liña, Pacios refírese a que no documento de 1531 ”indicase que se trata dun centro que leva anos funcionando e que necesita reparacións”, manténdose en funcionamento até 1833, se ben o inmóbel onde se asentaba foi coñecido durante moitos anos como “a casa do hospital”. Segundo afirma Pacios “en San Martiño temos contabilizado 123 peregrinos, dos que 105 son de procedencia descoñecida, 6 franceses, 5 alemáns, 1 irlandés, 1 flamengo e 1 da Illa de Malta, aumentando moito a presenza dos mesmos no Hospital aqueles anos que coinciden con ano xubilar”.
O denominado “Camiño do Mar”, estudado por Pacios nunha publicación do mesmo nome, discorrería pola practica totalidade das parroquias focegas, seguindo polos concello da área costeira da Mariña, a comarca de Ortegal e uníndose en Ferrol ao denominado “Camiño Inglés”. Segundo Pacios son moitas as referencias documentais a esta vía que entraba no noso concello pola Espiñeira, sinalando, por exemplo, que nun apeo de 1596, en relación cun terre situado en Nois e coñecido como Veiga de Candín, afirmase que lindaba co “camiño francés que de Ribadeo ven a Viveiro”. Outro tanto atopamos nun documento de 1596, referido a un muíño situado en Alemparte en Cangas, onde se afirma que limitaba “co camiño francés que de Viveiro vai a Ribadeo”. As referencias ao camiño francés, nome asociado ás rotas dos peregrinos, son abondosas na práctica totalidade dos núcleos de poboación de Foz, sinalándose tamén a existencia de dous “camiños franceses” que saían da Basílica de Mondoñedo.
As xornadas continuaran mañá martes 30 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra do historiador coruñés Carlos Pereira Martínez sobre “A masonería na Mariña nos séculos XIX e XX”. Pereira Martínez, autor dunha abondosa obra bibliográfica centrada fundamentalmente na Idade Media e na época contemporánea, é unha das voces máis autorizadas no ámbito dos estudos sobre a masonería, con diversos traballos publicados en diferentes medios galegos. Pereira realizará un percorrido pola masonería n´A Mariña reparando nas agrupacións de masóns que funcionaron nas últimas décadas do século XIX e aqueloutras que se desenvolveron nas tres primeiras décadas do século XX, concretamente até o golpe de estado fascista de 1936, momento no que se abre unha profunda represión contra os membros deste colectivo, até o punto de que varios masóns mariñáns foron asasinados e encarcerados pola ditadura franquista.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



