Ribadeo, 29 de xullo de 2019. Esta mañá tivo lugar o acto de entrega de diplomas aos participantes no obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño, que se veu desenvolvendo desde o pasado mes de outubro. Un total de 18 alumnas e alumnos obtiveron os correspondentes certificados de profesionalidade tras o seu paso polas especialidades de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Foron en total 2.880 horas de traballo. No acto, celebrado no salón de plenos do Concello estiveron o alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso; a xefa da Área de Economía e Emprego da Xunta en Lugo, Pilar Fernández; e a directora do obradoiro Ribadeo co Camiño, Maitane Aránguiz.
O rexedor ribadense recalcou que “foi unha labor despois de varios meses de traballo e de formación, en varios aspectos e en varios lugares xeográficos do noso concello, grazas a esta colaboración por unha banda da Xunta, o Concello e ao mesmo tempo co bo facer de traballadores, monitores e alumnos e alumnas, que durante uns meses fixeron un paréntese na súa vida laboral. Todos, maiores de 25 anos, con experiencias laborais seguramente ben diferentes a esta formación recibida agora. Creo poder dicir en nome de todos os participantes que foi unha experiencia boa. Polo que vexo doutros obradoiros, tamén estes grupos acaban en amizades e algúns deles acaban tendo unha inserción laboral en algo parecido ao que fixeron. Pero sobre todo seguro que serve de experiencia para afrontar retos diferentes”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, declarou que “foron máis de dúas mil horas de traballo continuado. Quero remarcar a colaboración coa Xunta na organización deste obradoiro de emprego. Creo que os obxectivos están conseguidos, que eran reforzar o entorno do Camiño ao seu paso por Ribadeo e tamén a súa promoción. Quero agradecer todos os traballos e labores feitas a nivel de axuda na Oficina de Turismo e na Capela das Virtudes. Tamén quero remarcar que os 18 participantes adquiriron uns coñecementos e unha valía que espero que lles serva de axuda na súa carreira laboral e que se encha de éxitos proximamente”.
A xefa da Área de Economía e Emprego da Xunta en Lugo, Pilar Fernández, dixo: “quero darlle as grazas ao Concello por participar sempre nestes programas, porque se os Concellos non participaran non se poderían levar a cabo e eu creo que son moi interesantes para a formación e para facilitar a incorporación ao mercado laboral. Dar tamén a noraboa aos participantes porque conseguestes todos un certificado de profesionalidade que espero que vos valga para incorporarvos ao mercado de traballo”.
A directora do obradoiro Ribadeo co Camiño, Maitane Aránguiz, explicou que “as especialidades a impartir eran instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e tamén dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. Dos 20 alumnos, 18 obtiveron a certificación de profesionalidade. Foron 2.880 horas de traballo, sumando as dúas especialidades, que deron para moito, dunha formación teórica pero tamén dunha práctica profesional. Na especialidade de xardinería destaca a súa actuación en 6 áreas situadas no Camiño de Santiago, nas que se acometeron diversas labores de limpeza e plantado.Trátase de áreas como a fonte do Valín, a Palmeira en Ove, que sufriron unha gran transformación así coma outras áreas da parroquia de Vilela nas que interviñeron creando unha carballeira e mellorando os espazos da Pena no entorno do albergue, deixando pegada e humanizando espazos para aqueles peregrinos que realizan o Camiño”.
E engadiu que “na especialidade de dinamización desenvolvéronse varias accións dirixidas á promoción o Camiño ao seu paso por Ribadeo e que consistiu na renovación da cartelería do albergue, e sobre todo facendo moito fincapé no traballo de sensibilización dos nenos e nenas, ben a través dos coles e coa realización de obradoiros. Quero ademais destacar a figura de atención ao peregrino que fixeron os alumnos que estiveron atendendo tanto na Oficina de Turismo como na Capela de Arante facilitando unha atención máis personalizada ao peregrino. Este obradoiro chámase Ribadeo co Camiño e o nexo común das dúas especialidades foi facer un traballo integral do Camiño de Santiago, os de xardinería traballaron desde un punto de vista máis paisaxístico e medioambiental humanizando os espazos e os de dinamización puxeron en valor o Camiño desde o punto de vista cultural e artístico”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).