Cervo, 1 de agosto de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, copresidiron hoxe a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade, convocada para analizar a situación da delincuencia e o dispositivo de seguridade para as festas que se celebrarán este mes no municipio. Na xuntanza, celebrada esta mañá na Casa do Concello, participaron representantes da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
A subdelegada do Goberno informou trala reunión que “nesta Xunta Local de Seguridade analizamos a situación da seguridade en Cervo que, afortunadamente, está a ser positiva, xa que puidemos comprobar que no primeiro semestre de 2019 rexistrouse un descenso do 17,39% nas infraccións penais rexistradas no municipio”.
Rodríguez tamén explicou que “esta baixada no número de infraccións penais vai acompañada dun aumento na eficacia da Garda Civil, que nos seis primeiros meses do ano foi do 42,10%, case 8 puntos máis que nos mesmos meses de 2018”.
De acordo coas estatísticas oficiais da Garda Civil, entre os meses de xaneiro e xuño deste ano denunciáronse no municipio de Cervo 19 infraccións penais, 8 por delitos graves ou menos graves (5 foron contra o patrimonio, 4 contra a seguridade colectiva e 1 contra a administración de xustiza) e 11 por delitos leves. No primeiro semestre de 2018 computáranse 23 infraccións penais, 11 por delitos graves e menos graves e 12 por delitos leves.
BALANCE 2018
En canto ao balance de 2018, o ano pechouse en Cervo con un total de 58 infraccións penais, o que supón unha taxa de criminalidade de 13,72 por mil habitantes. Esta taxa é inferior ás medias da provincia, de Galicia e de España. Na provincia situouse en 22,5, en Galicia no 28,9 e en España no 45,6.
VIOLENCIA DE XÉNERO
A subdelegada detallou ademais a evolución dos delitos relativos a violencia de xénero no municipio. Neste caso, no primeiro semestre do ano non se rexistrou ningunha denuncia por violencia de xénero. En 2018 producíronse 4, a mesma cifra que no ano 2017.
SEGURIDADE NOS CENTROS DE ENSINO
Isabel Rodríguez tamén fixo balance da actividade que desenvolveu a Garda Civil dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar. No curso 2018/2019 realizáronse 7 conferencias sobre violencia de xénero, acoso escolar, riscos na internet e novas tecnoloxías, drogas e alcohol e prevención de incendios forestais para alumnos de centros escolares do municipio: o IES Marqués de Sargadelos e os CEIP de Cervo e Península da Paz.
FESTAS SEGURAS
Ademais, a Xunta Local de Seguridade estudou os plans de seguridade para as próximas citas festivas que rexistrarán gran afluencia de público, como a Maruxaina, que se celebrará o 10 de agosto en San Cibrao, e a Queimada Popular de Cervo, prevista para o día 17 de agosto. Atendendo á súa competencia, o Concello deseñará os dispositivos, que contarán coa colaboración de axentes da Garda Civil e o Subsector de Tráfico para garantir a boa marcha dos festexos.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



