Cervo, 5 de agosto de 2019.- O Concello de Cervo tivo que aprobar en pleno un Plan Económico Financeiro para os exercicios 2019 e 2020 por incumprimento da regra de gasto, “unha magnitude financeira que resulta incoherente para municipios como o noso, que presenta unhas contas totalmente saneadas e con superávit”, precisou o rexedor, Alfonso Villares.
Villares recordou que a eliminación da regra de gasto é unha vella demanda do municipalismo. De feito, na sesión ordinaria celebrada pola Comisión Executiva da Fegamp, que preside o PSOE, do 5 de abril do 2017, con representación e apoio de todos os grupos políticos (BNG, PSOE, MAREAS, PP); “chegouse ao acordo de pedir a revisión desta Lei; xa que se estima que é inxusta, porque se deberían tomar en consideración as distintas situacións financeiras nas que se atopan os concellos”. Na acta recóllese textualmente:
Como cuestión xeral deberíase revisar a formulación das regras fiscais (estabilidade, sustentabilidade, regra de gasto, etc) que deberían tomar en consideración as distintas situacións en que se poden atopar as Entidades Locais. Particularmente a regra de gasto só debería resultar de aplicación cando concorrese un incumprimento dalgunha das restantes.
Realmente, e as cifras así o reflicten claramente, o Concello de Cervo, dada a súa situación económica, non precisaría de ningunha ferramenta de axuste como pode ser este plan financeiro, que estamos na obriga de aplicar polo que marca a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera
O rexedor cervense entende a este respecto que as declaracións do PSOE, “responden a unha autocrítica, porque hai institucións, como por exemplo a Deputación provincial que gobernan, que tamén incumpren a regra de gasto”.
De todos os xeitos, este incumprimento ten un carácter meramente conxuntural, e non require máis que a posta de manifesto das causas que puideron levar a esta situación por medio deste plan financeiro.


















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



