Barreiros, 6 de agosto de 2019. O goberno municipal de Barreiros tivo coñecemento de que o Sergas non ten previsto cubrir as vacacións da pediatra que presta os servizos no centro de saúde de Barreiros; polo que a alcaldesa dirixiu unha misiva ao conselleiro de sanidade, ao xerente do Sergas e ao xerente da EOXI de Lugo, Monforte e Cervo solicitándolles a cobertura de dito posto durante o mes de agosto.
A mandataria municipal expón que “o concello de Barreiros, aínda que en censo poboacional non supera os 3.000 habitantes, ten unha poboación flotante moi abundante e, durante o mes de agosto, as persoas que habitan neste concello poden rondar as 10.000. Trasladados estes datos á poboación menor de 14 anos e, polo tanto, susceptible de ser atendida por persoal pediátrico; temos que nos atopamos no mes de agosto con máis de medio cento persoas sen atención pediátrica no centro de saúde do noso concello.”
Para Ana Ermida “é obvio que a falta de persoal durante un mes interfire moi negativamente no control que poida existir, especialmente en recén nados, pola importancia do seguimento en escasos días que debe realizarse. Pero, a maiores, debemos ter en conta que esta situación afecta tamén ás consultas eventuais por enfermidades comúns que poidan ter lugar; interferindo moi negativamente noutros servizos e lugares que, xa de por si, carecen dunha atención pediátrica axeitada; tal como poden ser o PAC de Ribadeo ou o propio servizo do Hospital da Mariña; onde non existe, de inicio, persoal pediátrico dispoñible.”
A situación non afecta só a Barreiros, xa que a falta de persoal é a mesma tamén cos centros de saúde de Lourenzá e Mondoñedo, onde a profesional comparte servizo co concello barreirense; polo que a poboación afectada é moi superior á mencionada.
O goberno municipal considera que “a decisión de non cubrir temporalmente o período vacacional desta profesional crea unha situación de desatención nas nenas e nenos e contribúe moi substancialmente á saturación doutros servizos e, polo tanto, provoca un mal funcionamento do Servizo Galego de Saúde.”
Por esta razón, o goberno municipal “solicitámoslle a reconsideración da decisión de non dotar de pediatra ao Centro de Saúde de Barreiros durante o período de vacacións da persoa titular e, en concreto, solicitamos a cobertura desta praza durante o mes de agosto; en aras de manter un funcionamento do Servizo Galego de Saúde dentro duns parámetros mínimos de calidade e cantidade.”






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



