Viveiro, 6 de agosto, 2019. Os populares de Viveiro critican que o Goberno local do PSOE votase en contra da moción coa que solicitabamos a limpeza e recuperación da praia de Covas na pasada sesión plenaria. “Trátase dunha demanda dos nosos veciños e veciñas que vemos as deplorables condicións nas que se atopa o areal inutilizado en boa parte por mor da vexetación que medra de xeito incontrolado e da acumulación de lixo. Se non se actúa pronto teremos unha selva e non un areal”, explicou en rolda de prensa o voceiro do PP, Óscar Rodríguez, xunto aos concelleiros José Manuel Soto e Inma Nespereira.
Lamentando o voto en contra ou a abstención dos distintos grupos municipais, excepto Son Viveiro – ao que lle agradecen “a sensibilidade amosada co seu apoio á nosa proposta”- e os propios populares, dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro anuncian que “votaremos sempre a favor das propostas ou iniciativas que sexan interesantes e beneficien a Viveiro independentemente de quen as presente ou defenda nas sesións plenarias da Corporación viveirense”.
Os populares explicaron que lles preocupa “a salubridade da praia e, polo tanto, pola seguridade dos seus usuarios e usuarias” e aclararon que “a praia de Covas esténdese máis alá da zona urbana, concretamente, ata o dique” e, polo tanto, “realizar a limpeza na súa totalidade suporía ter actuado ata ese punto”.
Espazo natural con repercusión no ámbito socio-económico
Dende o Partido Popular de Viveiro lembran que a Praia de Covas ata fai varios anos foi un dos espazos naturais de referencia de toda a cornixa Cantábrica e un gran reclamo para os numerosos visitantes que sobre todo en época estival se achegan á comarca. “Este areal ten unha repercusión moi importante no ámbito socio-económico do municipio” e, consecuentemente, reclamabámoslle ao Goberno local que “asumise a súa responsabilidade nas tarefas de limpeza e acondicionamento. Pero tamén que se sumase ás esixencias que correspondan pedir a outras administracións, se fose o caso, porque dende o Goberno galego non se van negar sempre que os labores garantan o respecto ao medio ambiente”.
Os populares propoñían realizar as dilixencias necesarias para acadar unha total adecuación “deste paraíso natural” incluíndo “os labores de limpeza, desinfección, recollida selectiva de residuos a pé de praia, eliminación das herbas que invaden o areal conservando as dunas no seu estado natural”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



