Nota de Prensa
Así o adiantou o director xeral de Xustiza na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia celebrada o 5 de marzo de 2010 en resposta a unha iniciativa dos deputados Jose Manuel Balseiro e Dámaso Rodríguez López
O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA XA ADQUIRIU O COMPROMISO DE RESTABLECER AS AUTOPSIAS NOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE NUN PRAZO MÁXIMO DE DOUS MESES
* Ademais para facer este servizo permanente no tempo, e evitar prazas vacantes a Xunta do PPdeG creou unha bolsa de traballo para tres médicos titulares e 4 máis de cota de reserva.
* O Partido Popular desde a Xunta tamén comarcalizará o servizo de transporte de cadáveres centralizado na cidade de Lugo pola Xunta bipartita , o que contribuía a demorar o tempo de entrega ás familias do corpo do falecido.
Santiago, 18 de marzo de 2010.- O Grupo Popular lembra que a Xunta de Galicia xa adquiriu o compromiso de restablecer o servizo de autopsias nos hospitais de Burela e Monforte nun prazo máximo de dous meses. Así o adiantou o director xeral de Xustiza na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia celebrada o 5 de marzo de 2010, precisamente en resposta a unha iniciativa dos deputados do PPdeG, Jose Manuel Basleiro Orol e Dámaso Rodríguez López.
Ambos compromisos do novo Goberno converten en improcedente por ex temporánea a iniciativa que o PSOE someteu a debate no día de hoxe reclamando algo que xa está a solucionarse, segundo o PPdeG. Esta situación demostra ademais que os socialistas “sempre van a remolque e sempre chegan tarde” no que a esta reclamación se refire segundo manifestou José Manuel Balseiro. En todo caso, e en aras ao consenso final, o Grupo Popular propiciou no día de hoxe un acordo parlamentario xunto co resto das forzas políticas. O texto final empraza á Xunta a restablecer este servizo de exames forenses nos hospitais de Burela e Monforte, no prazo dado polo director xeral de Xustiza –antes de dous meses-
O texto transacionado recolle tamén o apoio ás dúas iniciativas postas en marcha pola Xunta para mellorar o servizo: A creación dunha bolsa de traballo a nivel provincial, con prazas para tres médicos titulares e catro máis de reserva, e coa que se axilizaría a cobertura das vacantes que puideran producirse nos hospitais lucenses –situación que impide hoxe realizar as autopsias nas bisbarras do norte e sur lucense-; e tamén o apoio á intención do novo Executivo galego de comarcalizar o servizo de transporte de cadáveres centralizado na cidade de Lugo pola Xunta bipartita, o que contribuía decididamente a reducir a demora no tempo de entrega ás familias do corpo dos falecidos que precisan dunha análise forense previa á inhumación.
NON HAI OBSTÁCULOS PARA A DESCENTRALIZACIÓN
Jose Manuel Balseiro Orol, encargado de defender a emenda do PPdeG á iniciativa do PSOE, negou que o convenio de creación do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia), posto en marcha polo Goberno de Manuel Fraga supuxera a centralización do servizo, tal e como afirmaron os socialistas. De feito sen variar este decreto, nin a estrutura do propio IMELGA leváronse adiante autopsias nos hospitais de Burela e Monforte sen ningún problema. Balseiro explicou que existía un convenio entre o Sergas e a Consellería de Presidencia que precisamente posibilitaba o uso das salas de autopsias dos hospitais galegos polos médicos forenses do IMELGA. Ademais lembrou que foi o Goberno bipartito quen tomou a decisión política de centralizar na cidade de Lugo as autopsias, cuestións que despois tivo que rectificar, movido polo presión social e a exercida polo Grupo Popular no Parlamento.

















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



