Lugo, 13 de agosto de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé, decidiu convocar para o vindeiro martes, 20 de agosto, ás 11.00h, o Pleno extraordinario solicitado o venres pasado polo Partido Popular sobre a rede de centros de atención a maiores. Deste xeito, a sesión celebrarase pouco máis dunha semana despois do rexistro da petición, o que pon de relevo unha vez máis a axilidade, rigor, total transparencia e respecto institucional co que actúa o Goberno provincial, así como a súa firme vontade de coartar de inmediato calquera intento de manipulación do PP ao respecto da rede de residencias que xere a máis mínima incerteza nos concellos e na veciñanza. “Fronte ao intento de manipulación do Partido Popular, o Goberno responde con máxima transparencia e información aos Concellos e aos veciños para evitar que os enganen”, subliñou José Tomé.
Como fixo dende o primeiro momento e en virtude do acordo de Goberno acadado entre PSdeG e BNG, o Executivo provincial garante o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos cos Concellos ata a actualidade en materia de construción e posta en marcha de residencias, ao tempo que reafirma que non se formalizará ningún novo. Ao mesmo tempo, intentarase, a través do diálogo e a colaboración institucional, que a comunidade autónoma se faga cargo desta competencia.
O Presidente puxo tamén de relevo que o PP nin sequera lle deu un mes ao equipo de Goberno, dado que tomou posesión o 18 de xullo e o 9 de agosto xa estaba facendo a solicitude dun Pleno extraordinario, ademais sobre “un plantexamento irreal, dado que o Goberno da Deputación nunca fixo as afirmacións que dixo a voceira dos populares, Elena Candia” en relación coas residencias.

















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.