BURELA .- A asociación sociocultural Mariñapatrimonio presenta o xoves, día 25 de marzo, a longametraxe “Modelo Burela” no Salón de Caixa Galicia ás oito e media. Posteriormente celebrarase un coloquio.
Nota de Prensa
A LONGAMETRAXE “PROXECTO BURELA” PRESÉNTASE O XOVES EN VIVEIRO.
Mariñapatrimonio PRESENTA O VÍDEO “PROXECTO BURELA” EN VIVEIRO
A Asociación Sociocultural Mariñapatrimonio presentará o vindeiro xoves, día 25 de marzo, a longametraxe dirixida por Matías Nicieza sobre o “Proxecto Burela”*
Esta proxección terá lugar no Salón de CaixaGalicia en Viveiro e dará comenzo ás oito e media da tarde. Os asistentes a este acto poderán participar no coloquio posterior no que intervirán, entre outros, o director do documental, Matías Nicieza e o profesor Bernardo Penabade
* Tras catro anos de traballo didáctico (2005-2008) planificado polo IES Perdouro, os primeiros resultados están xa patentes e son moi alentadores. O instituto realizou un Proxecto de Innovación dirixido a todos os sectores sociais da localidade co obxectivo de localizar documentación escrita, realizar un Arquivo Documental -tamén con versión electrónica- e ofrecer ao público un banco de modelos documentais útiles para a vida diaria (convites, recordatorios, actas, documentos notariais, publicidades.). O citado proxecto é o único de Galicia premiado por terceira vez consecutiva pola Consellería de Educación (2006/2007/2008).
En relación con este traballo de dinamización social, produciuse o documental “Modelo Burela”, dirixido polo realizador cinematográfico Matías Nicieza, con 52 entrevistas a persoas da rede social creada.
En Burela, o Instituto Perdouro realizou unha Intervención Educativa destinada á comunidade escolar e, por extensión, ao conxunto da poboación da localidade. Alumnas e alumnos botáronse á rúa na procura dos típicos documentos que hai en calquera casa. Así, pouco a pouco, foron aparecendo textos con grande valor sentimental: convites de celebracións, documentos notariais, publicidades comerciais, actas de reunións das comunidades veciñais, correspondencia privada, recordatorios de comuñóns e incluso notas necrolóxicas


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



