Barreiros, 28 de agosto de 2019. O goberno municipal de Barreiros vén de dirixirse ao Ministerio de Transición Ecolóxica e ao Secretario de Estado de Medio Ambiente para solicitar unha reunión para trasladarlle a necesidade de colaboración entre administracións para tratar de solucionar un problema moi importante que leva anos existindo e que empeora co tempo; como é a depuración de augas residuais que se leva a cabo nas zonas de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. A carta asinada pola alcaldesa, Ana Ermida, e a segunda tenente da alcaldía, Carmen Veiga, expón que “este problema, que se coñece e se ten determinado hai anos, podería solucionarse coa construción dunha nova estación depuradora en San Miguel que daría solución a ambas parroquias; tal e como se contempla no proxecto elaborado por Augas de Galicia. Dito proxecto, que este goberno considera fundamental executar, está orzamentado en máis de 3.300.000 euros; cantidade imposible de afrontar para esta administración local.
Segundo sinalan desde o goberno “a localización dos puntos de vertedura actuais son en zonas moi próximas á praia, mesmo a lugares tan emblemáticos como a praias de Augas Santas/ As Catedrais, e mesmo en Rede Natura, o que supón uns impactos tanto ambiental como turístico negativos; a maiores dos evidentes de saúde pública que se detectan nas analíticas realizadas pola administración competente.”
As representantes do goberno municipal expoñen ao Ministerio que dada a urxencia da solución, consideran necesario poñelo en coñecemento da administración estatal, entendendo que o propio Estado español ten interese en que devanditos problemas poidan solucionarse no menor tempo posible e, dese modo, evitar unha deterioración maior da nosa costa e do propio medio ambiente.
Esta cuestión foi tamén trasladada polo goberno municipal á Xunta de Galicia a pasada semana, solicitando igualmente unha reunión con distintas Consellerías coa intención de “poñer en marcha vías de colaboración para buscar unha solución efectiva a un problema que se arrastra desde hai anos.”
A alcaldesa barreirense agarda que a proposta sexa tida en conta e se poida iniciar unha vía de colaboración que redunde no beneficio das veciñas e veciños de Barreiros e manifesta a “esperanza de que os intereses xerais das veciñas e veciños estean por riba de todo e todas as administracións se impliquen en facer posible a solución.”
Desde o executivo local afirman que a súa disposición é “petar en todas as portas que fagan falta. Porque cando existe un problema hai que afrontalo e tratar de poñerlle solución. Temos claro que a xente nos escolleu para gobernar e faremos todas as xestións que estean nas nosas mans para acadar o resultado final esperado.”
As analíticas de sanidade continúan coa recomendación de non bañarse.
Os resultados recibidos polo Concello de Barreiros a respecto das novas mostras de augas de baño na praia de Arealonga seguen arroxando valores de contaminación microbiolóxica por riba dos normais, polo que a administración local mantén a recomendación de non bañarse en dito areal ata que os resultados das analíticas sexan normais.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



