A Mariña, 29 de agosto, 2019. O Partido Popular presentará nos 16 concellos da comarca da Mariña mocións para debater nos plenos das corporacións municipais urxindo ao Executivo a aprobar de forma “inmediata” o Estatuto do Consumidor Electrointensivo co obxectivo de garantir a viabilidade de Alcoa en San Cibrao e evitar así que se produzan despedimentos na planta mariñá.
Deste xeito, tal e como xa se adiantou esta mesma semana diante da fábrica, nunha xuntanza na que precisamente participaron representantes das entidades locais, ademais doutros cargos orgánicos e institucionais, os populares mariñáns apostan por traballar de forma conxunta para dar resposta a unha situación que está a xerar incerteza e inseguridade entre os traballadores desta planta que vén de sufrir un importante recorte na súa produción. Neste senso, non entenden “que nacionalistas e socialistas se centren en buscar culpables e non teñan máis altura de miras, decidindo sumarse á fronte liderada polo noso Partido”.
Ao igual que farán os seu compañeiros de formación na Deputación, pedirán que o Goberno fixe unha data para a aprobación deste documento, pois so así “se demostraría que ao PSOE lle preocupa o emprego e a industria”. Con esta afirmación censuran que as forzas de esquerda, “e socios de conveniencia” noutras administracións como a Deputación, “se atrevan a dicir que o PP non fixo nada, cando son coñecedores que no ano 12 foi o propio Rajoy o que conseguiu avances para as electrointensivas”. Incluso, lembran, o propio exministro de Industria visitou no seu día a fábrica mariñana, e foi un Goberno do PP en Madrid e en Galicia quen a dotou do gasoducto, cun investimento de 65 millóns de euros, o que permitiu á rebaixa do custe enerxético da factoría.
E é que o Executivo de Sánchez non ten escusa, xa que, aínda que está en funcións, podería darlle viabilidade ao estatuto a través dun Real Decreto que ratificaría o Consello de Ministros .





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.