Lugo, 29 de agosto de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo este xoves un encontro co Presidente da Fundación Expomar e Alcalde en funcións de Burela, Alfredo Llano, no que se asinou o convenio que regula a subvención nominativa de 10.000 euros que o organismo provincial lle concede á entidade para o financiamento das súas actividades.
José Tomé sinalou que Expomar “xoga un papel moi importante para o dinamismo da economía mariñana e do conxunto de Lugo, e supón un escaparate turístico de primeira orde para dar a coñecer a riqueza de recursos da provincia”.
A Fundación Expomar realiza dúas actividades principais, a Feira Produart de produtos artesanais e ecolóxicos e a Feira bianual Expomar, un espazo de encontro e comunicación entre administracións, empresarios e traballadores do mundo do mar. Así mesmo, Expomar organiza outras dúas citas, anteriormente vinculadas á Feira bianual, pero que pola súa relevancia adquiriron entidade propia e que se celebran cada ano na vila mariñá: o Encontro Empresarial e as Xornadas Técnicas onde se tratan temas de actualidade con relatores de primeiro nivel.
Federación de Confrarías de pescadores
Continuando coa rolda de entrevistas con colectivos sociais que vén mantendo dende a conformación do Goberno provincial, José Tomé tamén se reuniu esta mañá co Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, José Basilio Otero Rodríguez.
O Presidente e Otero Rodríguez coincidiron na necesidade de crear conciencia en torno á importancia do sector pesqueiro para o desenvolvemento da provincia, e sensibilización ante os novos retos que se lle presentan.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



