Ribadeo, 29 de agosto de 2019. Segue a celebrarse en Ribadeo o VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que están a participar ata mañá máis de 80 persoas. Esta tarde terá lugar a asemblea xeral da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) na que se abordarán cuestións como un proxecto a desenvolver en Mauritania, as fins de semana tecnolóxicas que se desenvolverán proximamente, o incremento das cotas dos asociados e o informe económico de 2018. APAGA continuará coas súas accións formativas en países como Alemaña, Suecia, Turquia, Croacia ou Francia aos que viaxarán un total de 44 profesores. Tamén dentro dunhas semanas chegarán a Ribadeo profesores lituanos e en marzo haberá un grupo de alumnos dese país que farán prácticas durante un mes en empresas da zona.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “a asemblea de hoxe de APAGA se vai centrar no informe económico de 2018 porque o peche contable está feito, e ata finais de decembro non se pechará o de 2019. Tamén falaremos sobre a programación de cursos dos sábados que se van facer. Tamén vai haber unha proposta de subida de cotas de 30 a 50 euros anuais e vaise volver sobre o tema dos proxectos europeos que neste momento se van poñer en marcha. E hai outra proposta, que a ver que opinan os socios, sobre a incorporación a un proxecto en África, en Mauritania, arredor da formación profesional”.
Nas últimas horas tamén se presentaba no Fórum, que se celebra en Ribadeo, o vindeiro proxecto Erasmus+ no que participará APAGA. O seu presidente anunciou que “van participar sobre 44 profesores, que son as prazas que hai, para o 2020. É un proxecto que aínda que empeza en 2019, as saídas de profesores van ser de marzo a xuño do vindeiro ano. Os países a visitar van ser Alemaña, Suecia, Turquía, Croacia, República Checa, Lituania, Italia, Francia e Eslovaquia”.
Álvaro Doural manifestou que “a nosa vontade é seguir colaborando en iniciativas doutros países. Precisamente agora, en outubro e novembro, van visitarnos profesores de Lituania, e despois en marzo vai haber un grupo de alumnos de Lituania facendo prácticas que van estar un mes en empresas da zona. Isto independentemente doutras accións que poidan saír ao longo de 2020. A nosa vontade é colaborar cos nosos socios europeos, eu creo que o camiño debe ser ese”.
Hoxe no VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos abórdanse as últimas novidades en transmisións, a xestión dos pneumáticos usados e a tecnoloxía do autobús urbano. Ademais seguen a desenvolverse diversos talleres.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



