Foz, 30 de agosto de 2019. RadioVoz realizou hoxe, venres, un programa especial en directo desde Foz con motivo da celebración da Festa Normanda. Escoitouse a través de todas as emisoras desta cadea na provincia lucense: Lugo, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, Sarria, Monforte e Chantada.
O espazo radiofónico emitiuse de 10 a 12 da mañá desde o restaurante Tangarte Mariñeiro e foi presentado e dirixido por Félix Jorquera.
Participaron neste programa de RadioVoz para a toda a provincia de Lugo o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, Chema Linares; o presidente da comisión organizadora da Festa Normanda, Pablo Fraga; a pregoeira do evento, a actriz Belinda Washington; o propietario do restaurante Tangarte Mariñeiro, Rubén Rodríguez Lillo; ademais de José Ramón Vila e Manolo Chinchón, que son actores nas representacións da festa.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



