LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o ex-xogador de baloncesto galego, Fernando Romay, e o plantel do Leite Río Breogán, fixeron este domingo un treito do Camiño Francés, ó seu paso polo Concello de Monterroso, dentro do programa Km0 a Compostela. Deste xeito, coa presenza de personaxes relevantes como Romay e o equipo de baloncesto da capital, o organismo provincial promociona todos os Camiños que pasan pola provincia e fomenta o turismo a través do deporte e da multiaventura.
O Ano Santo atraerá numerosos visitantes a Galicia durante 2010, polo que a Deputación non quere deixar pasar esta oportunidade para xerar riqueza nos Concellos polos que pasa o Camiño. Gómez Besteiro destacou que “o que perseguimos con esta iniciativa é impulsar a nosa economía e o turismo. Ademais de potenciar os sectores produtivos, temos que ser capaces de explotar outras vías para potenciar esta provincia. Personalidades como as que hoxe nos visitan son un exemplo, xa que contribúen a aumentar a promoción exterior dos máis de 800 quilómetros de rutas Xacobeas que ten Lugo. Fernando Romay e o xogadores do Breogán son persoas xa desta provincia, que aquiren un compromiso con todos nós para levar o nome de Lugo por todo o mundo xa que, se o ano 2011 é importante, tamén temos en conta que hai vida despois do Xacobeo”.
Pola súa banda, Fernando Romay valorou de foma moi positiva a iniciativa do organismo provincial “porque combina el componente espiritual del Camino de Santiago, el deportivo, el ecológico, el anímico ya que durante la peregrinación se hace verdaderos amigos… Este proyecto reúne todo lo necesario para venir a conocer Lugo y para regresar”. Romay destacou ademais o feito de que a Deputación conte co mundo do deporte para promocionar os Camiños da provincia, e en concreto co equipo do Leite Río Breogán “ya que si hablas de Lugo hablas del Breogán, son identificativos”.
Esta é a segunda ruta con personalidades destacadas a nivel nacional que organiza a Deputación dentro de Km0 a Compostela, programa coa que o se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo. A pasada fin de semana, Gómez Besteiro e a prestixiosa alpinista, Chus Lago, fixeron un treito do Camiño de Inverno, en Ribas de Sil. Romay, Chus Lago e o Breogán non serán as únicas personalidades que participen nesta iniciativa. Ó longo dos vindeiros meses sumaranse outras que tamén son relevantes dentro do deporte e da vida social galega e española.
Romay foi internacional coa selección española ata en 174 ocasións, equipo co que conquistou a medalla de prata nos xogos olímpicos dos Ánxeles en 1984. Na actualidade é comentarista de televisión e un dos protagonistas da campaña publicitaria “Esto lo arreglamos entre todos.org”, creada para darlle a volta á situación de desánimo que a crise económica provocou en todos os cidadáns.
Un treito do Camiño por Monterroso
Antes de desprazarse ata o Concello de Monterroso, Gómez Besteiro recibiu no seu despacho ó ex-pívot do Real Madrid, Fernando Romay, e ó plantel do Leite Río Breogán, onde lles fixo entrega dun dos lotes da campaña Lugosabe; iniciativa coa que o organismo provincial promociona os produtos autóctonos da provincia e incentiva a economía luguesa. A continuación, a comitiva, desprazouse en autobús ata o Concello da Ulloa, onde fixeron um treito do Camiño Francés de 1,5 quilómetros. O punto de partida da ruta situouse en Lameiro, parroquia de Ligonde, e incluiu unha visita ó conxunto histórico de Eirexe, no que destaca a igrexa con restos románicos, e unha visita á área recreativa da Peneda. Ademais, no centro sociocultural, Romay e os xogadores breoganistas mantiveron unha xuntanza coas entidades deportivas municipais.
A comitiva formárona, ademais do Presidente da Deputación e de Romay, 19 membros do plantel do equipo da capital: Cristino Menor, conselleiro do CB Breogán e membro do Padroado da Fundación Balogal; Francisco de Andrés, delegado; Rubén Dominguez, adestrador; Lisardo Gómez, segundo adestrador; os xogadores Nacho Ordín, Jordi Vallmajó, Jeff Xavier, Alberto Corbacho, Sergio de la Fuente, Joao Roberto Gomes, Arnette Hallman, Javier Román, Jeff Adrien, Eric Coleman e José María Balmón; ademais da fisioterapeuta, Belén Díaz; o preparador físico, José Manuel Miragaya; e o xefe de prensa do equipo, Marcos Fernández.
Ademais dos protagonistas de hoxe, outros colectivos como a Sociedade Española do Corazón –SEC-, os directores de medios de comunicación de Galicia, os campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya, ou autoridades como o Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro deste programa. Km0 a Compostela, formado por 25 rutas, é unha das alternativas da segunda etapa de Km0 iniciado o 1 de setembro de 2008. Nesta segunda fase, que rematará en xuño de 2010, chegarase ós 22.000 participantes, e dende que a Deputación puxo en marcha esta iniciativa en 2008, preto de 15.000 persoas participaron en Km0.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



