XOVE .- Coa trirada de Sumoas rematou a liga de bolos de Xove na que finalmente Ginés Rodríguez Casabella foi o gañador senior, Jose Vigo Lage da liga sub 18 e Carmen Roca Corral quedou campiona da liga feminina. Inda que a liga Regular rematou en Sumoas, a temporada non acabou, xa que o vindeiro sábado 27 de marzo, a partires das 1tres e meida da tarde, no Centro Social de Vilachá, terá lugar a VII Copa de bolos Concello de Xove.
Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 18ª TIRADA
CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (19 DE MARZO)
Tarde ventosa, campo en bó estado e récord de participación da temporada con con 42 inscritos: 11 na Liga Feminina, 6 na Liga Sub 18 e 25 na Liga Senior.
Liga Senior.- Primeira victoria de Felipe Manuel Riveiro Carballo que non mudou nada, xa que os tres primeiros postos permaneceron igual que a pasada semana; Carlos Javier Rodríguez tentou dar a sorpresa co fin de pasarlla a César Cancelos, pero pese a que fixo unha excelente tirada e sumou oito puntos, non lle foi suficiente para acadar un posto no podium, que como era previsible conservou César Cancelos. Para mellor bolada houbo que desfacer un triple empate entre Augusto Albo, José Manuel Cociña e Felipe Riveiro, os tres con 75 tantos; o desempate foi a unha bolada, sendo Augusto Albo quen finalmente conseguiu o trofeo Autoescuela Mundial á mellor bolada.
| POSTO | IMPORTE DO PREMIO |
| Campión – GINÉS RODRÍGUEZ CASABELLA – Trofeo Autoescuela Mundial | 200,00 € |
| Subcampión – JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ – Tro. Auot. Mundial | 150,00 € |
| Terceiro – CÉSAR CANCELOS LÓPEZ – Trofeo Autoescuela Mundial | 100,00 € |
| Cuarto – CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA -Trofeo | 75,00 € |
| Quinto – MOISÉS RODRÚGEZ CASABELLA – Trofeo | 75,00 € |
| Sexto – LUIS RANCAÑO BOUSO – Trofeo | 75,00 € |
| Sétimo – AUGOSTO ALBO OCAMPO – Trofeo | 75,00 € |
| Oitavo – JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA – Trofeo | 75,00 € |
| Noveno – JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO – Trofeo | 50,00 € |
| Décimo – ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ – Trofeo | 50,00 € |
| Décimo primeiro – MODESTO ALBO VIDAL – Trofeo | 50,00 € |
| Duodécimo – MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ – Trofeo | 50,00 € |
| Décimo terceiro – FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ – Trofeo | 30,00 € |
| Décimo cuarto – JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ – Trofeo | 30,00 € |
| Décimo quinto – JORDI MEITÍN SERANTES – Trofeo | 30,00 € |
| Mellor bolada – AUGUSTO ALBO OCAMPO -Trofeo Áutoescuela Mundial | 50,00 € |
Liga Sub 18.- A victoria de Cristian Rodríguez nesta tirada non decidiu nada, só para redondear a súa excelente temporada. Tampouco houbo sorpresas para praza que inda quedaba por disputar, conseguindo Óscar Meitín, polos pelos, manter a terceira posición final, xa que quedou empatado a puntos con Andrés Rodríguez, quen finalmente foi cuarto. O campión Jose Vigo, tamén conseguiu a mellor bolada e Trofeo Autoescuela Mundial gracias aos 69 tantos conseguidos o pasado sábado 13 de marzo en Vilachá.
| POSTO | IMPORTE DO PREMIO |
| Campión – JOSE VIGO LAGE – Trofeo Autoescuela Mundial | 90,00 € |
| Subcampión – CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO – Trofeo Autoes. Mundial | 75,00 € |
| Terceiro – ÓSCAR PÉREZ MEITÍN – Trofeo Autoescuela Mundial | 50,00 € |
| Cuarto – ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS -Trofeo | 30,00 € |
| Quinto – ALEX MEITÍN SERANTES – Trofeo | 30,00 € |
| Sexto – LANDER DONOSO REDONDO – Trofeo | 30,00 € |
| Sétimo – RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO – Trofeo | 30,00 € |
| Oitavo -AITOR BOUSO GAVÍN – Trofeo | 30,00 € |
| Noveno – LARA DOMÍNGUEZ BAÑO – Trofeo | 30,00 € |
| Décimo – CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO – Trofeo | 30,00 € |
| Mellor bolada – JOSE VIGO LAGE – Trofeo Autoescuela Mundial | 50,00 € |
Liga Feminina.- Undécima victoria da campiona Carmen Roca, que puxo final a unha magnífica temporada. Tampouco nesta cateogría cambiou a clasificación, e Marta Álvarez, segunda na tirada, non deixou lugar á sorpresa e consolidou esa terceira posición final que lle dá dereito a un sitio no podium.
| POSTO | IMPORTE DO PREMIO |
| Campiona – CARMEN ROCA CORRAL – Trofeo | 50,00 € |
| Subcampiona – DOLORES BAÑO FRAGA – Trofeo | 35,00 € |
| Terceira – MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ – Trofeo | 25,00 € |
Entre os premios que se entregaron de todas categorías, imos salientar o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL ao Xogador Máis Veterano do campionato, que un ano máis recaeu en Modesto Albo Vdal, quen vai camiño dos 81 anos, que ademáis ocupou o 11º posto nunha clasificación de 26 xogadores. Casi nada!
Inda que a Liga Regular rematou en Sumoas, a temporada non acabou, xa que o VINDEIRO SÁBADO 27 DE MARZO, a partires das 15:30 horas no Centro Social de Vilachá, terá lugar a VIIª COPA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE, a cal van disputar xogadores da Liga Senior e da Liga Sub 18. A Liga Feminina non participa este ano na Copa dado que é a primeira Liga e non sabíamos como iban responder as nosas féminas. Dado que a resposta participativa foi moi boa durante todo o ano, podemos afirmar, con cáseque toda seguiridade, que para o vindiero ano si imos ter unha copa de bolos feminina.
Para rematar, agradecerlle a AUTOESCUELA MUNDIAL XOVE a colaboración, que ano a ano, lle ven prestando a este Torneo, que non olvidemos, é, segundo as nosas referencias, o máis antigo de Galicia.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



