Burela, 3 de setembro, 2019. A Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu esta tarde a presentación da XVII Supercopa de España, que se disputará este venres, ás 21.00 horas, entre o campión de liga, Futsi Atlético Navalcarnero, e o Pescados Rubén Burela FS, campión de Copa de SM A Raíña. Xunto ao presidente do Comité Nacional do Fútbol Sala, Pedro Rocha, participaron no acto os adestradores, Andrés Sanz e Julio Delgado, xunto á madrileña Leti e a laranxa Bea Mateos.
O Pescados Rubén Burela FS chegou ao acto aínda festexando o título de 4Nations Futsal conseguido o domingo en Milán: “Demostramos un nivel moi alto, o equipo estivo moi serio e rigoroso. Este torneo internacional reflectiu unha vez máis o gran nivel do fútbol sala español. Creo que este venres medirémonos dous dos mellores equipos do mundo; espero que se poida vivir o mesmo espectáculo e a xente vibre como o fixo na Copa da Raíña” explicaba Julio Delgado.
Pola súa banda, o Futsi vén de gañar o Torneo Comunidade de Madrid, o premio ao esforzo da pretempada, en palabras de Andrés Sanz: “Chegamos con todas as xogadoras en forma e o equipo acoplado; temos a confianza de que chegamos ben”, explicaba o adestrador aínda que sen recoñecer un claro favorito.
Ambos os conxuntos esperan unha cita igualada. “Todo o mundo sabe que este encontro é un clásico; os dous coñecémonos moi ben”, aseguraba a capitá Bea Mateos apelando á concentración como o factor clave. Leti, con todo, non espera un encontro como o último, vivido en Burela na final copeira: “Creo que será diferente, a esa Copa chegamos minguadas con baixas. Agora tomamos a Supercopa como unha nova oportunidade que dá o deporte para demostrar o traballo do día a día”.
A cita poderase seguir en directo en streaming a través das canles da RFEF.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
