Burela, 6 de setembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS escribiu esta tarde-noite un capítulo máis con letras de ouro, alzándose co título da Supercopa de España tras o triunfo 2-6 nun auténtico partidazo fronte ao titánico Futsi Atlético Futsi Navalcarnero. As Raíñas recibiron o trofeo da segunda Supercopa da Historia Laranxa, catro anos despois, en mans da capitá, Bea Mateos, e encabezadas por Jane, que co seu hattrick foi recoñecida como a Mellor Xogadora da cita.
A última incorporación burelista, para xúbilo do grande ambientazo laranxa que se viviu en Las Rozas, celebrou o seu aniversario ao grande inaugurando o electrónico no 7 tras un erro de saída rival. Ana Romero freara antes as primeiras intencións claras das madrileñas, no 4 e 5, fronte a Leti ao bordo da área e ante Ari, de falta. Antes de chegar á medianía, as laranxas tiveron dúas de ouro para ampliar distancias, primeiro unha chegada entre Jenny Lores e Luci que chegou á mans de Belén con pouca forza e segundos despois Cilene desde media pista. Restaban 11 minutos e Pescados Rubén subía a quinta falta das de Julio Delgado; a murciana mantivo a salvo a renda, no 12, en tentativa de dobre penalti de Ari. Subiu presión o conxunto de Andrés Sanz; no 13, o pau, aliado coa defensa mariñá, evitou o empate nas zapatillas de Leti. Pero aí estaba Jane para subir o 0-2 en rápida transición cun disparo cruzado desde a banda. Restaban 3’52” e a meta burelista volveu desartellar o dobre penalti, de María Sanz. Antes do descanso, Dany aínda tivo ocasión de asinar o terceiro nunha recuperación na pista burelista con balón desviado e Lara Balseiro, en remate. Ale de Paz, a 8 segundos, despexou de cabeza unha moi perigosa do Futsi.
Jozi tapou todos os ocos para manter a comodidade no marcador das mariñanas tralo descanso. Cando transcorreran cinco minutos do segundo acto, Jane fixo acto de presenza para o hattrick no seu primeiro partido oficial de laranxa, recibindo fronte a Marta Balbuena unha brillante galopada da lusa Jenny. A meta brasileira volveu frear a embestida madrileña tras falta, de Gaby. Apostou entón precisamente Andrés Sanz por xogo de cinco coa ex das laranxas; o pau evitou o mísil de Anita Luján no 31 pero no 32 Ame Romero subiu o 1-3, cun potente disparo que atopou Jozi pero acabou superando a liña de meta. Parecía que o Futsi volvía meterse no partido pero volveu aparecer outra das caras novas burelistas, Jenny Lores (minuto 33), cun gran definición desde a banda ante a saída de Marta Balbuena. Ampliou Jozi a porta baleira no 37, nun minuto frenético, no que Anita Luján contestou co 2-5, a pase de Leti, e Ale de Paz contraatacou co 2-6 aproveitando que a meta madrileña estaba descolocada. O poste evitou o terceiro de Ari nos últimos segundos.
Ficha técnica
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron María Sanz, Anita Luján, Gaby, Marta Balbuena
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Jane, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Bea Mateos, Jozi, Cris Lourés
Goles: 0-1, minuto 7, Jane; 0-2, minuto 14, Jane; 0-3, minuto 25, Jane; 1-3, minuto 32, Ame Romero; 1-4, minuto 33, Jenny Lores; 1-5, minuto 37, Jozi; 2-5, minuto 37, Anita Luján; 2-6, minuto 37, Ale de Paz
Árbitros: Delgado Sastre // Rabadán Sainz (Comunidade Valenciana). Por Futsi, amarela Ame Romero (minuto 26), Leti (minuto 39). Por Burela amarela para Jenny (minuto 5).
Incidencias: Partido correspondente á XVII Supercopa de España disputado na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Xunto ao presidente e vicepresidente laranxas, Manuel Blanco e José Luis Sáez, arrouparon ao Pescados Rubén desde do palco de autoridades o deputado de Deportes, Efrén Castro, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández. O palco estivo presidido por Pedro Rocha, desde o Comité Nacional do Fútbol Sala, e tamén contou coa presenza da seleccionadora nacional, Claudia Pons, o presidente da LNFS, Javier Lozano, e a presidenta da AJFSF, Natilia Orive, entre outras autoridades.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.

