A Mariña, 10 de setembro de 2019. As Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas.
Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro “Mujeres negras en la ciencia” así como con Jeane Costa, diplomada en Maxisterio que imparte, entre outros, seminarios de educación sexual integral para alumnado e familias, membra tamén de Afrogalegas.
O primeiro acto terá lugar este venres, 13 de setembro, a partir das 20.00 horas na Sala Multiusos da Casa da Cultura de Burela, un relatorio arredor da lei de estranxeiría con perspectiva de xénero e desde a ollada da diversidade étnico-racial.






















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



