Ribadeo, 11 de setembro de 2019. O Concello volve sacar a subasta, e faino por terceira vez, os dous inmobles da súa propiedade sitos na rúa Bispo Veres, números 2 e 4, segundo anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia. O prezo de saída do edificio nº 2 será de 31.000 euros e o do nº 4 será de 47.000 euros. As persoas interesadas en facerse con algún deles teñen 45 días naturais para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos do Estado.
O rexedor explicou que “novamente desde o Concello de Ribadeo volvemos publicar un anuncio na Plataforma de Contratos do Estado para subastar estes bens inmobles de titularidade municipal que foron inmatriculados a nome do Concello en xaneiro de 2017. Ao non facerse cargo deles ningún dos supostos herdeiros o Concello iniciou daquela un proceso de inmatriculación; é dicir, xa que non eran de ninguén que sexan do Concello. E agora queremos subastalos”.
Suárez Barcia lembrou que “son dous edificios antigos, que están en pleno casco histórico do concello, dunhas dimensións xenerosas cada un deles e que están situados nunha zona cunhas vistas impresionantes do casco vello e tamén da ría de Ribadeo”.
O alcalde contou que “sacámolos a subasta agora, por terceira vez, cun prezo de saída de 31.000 euros máis IVE para o inmoble de Bispo Veres número 2 e cun prezo de 47.000 euros máis IVE para o inmoble de Vispo Veres número 4. O prazo de presentación de ofertas para os interesados é de 45 días naturais a contar desde mañá, xoves, e todos aqueles interesados ou interesadas, tanto persoas físicas como xurídicas, deberán presentar as súas ofertas electronicamente. Se queren para ter máis información poden acudir ao Concello e mirar como funciona a administración electrónica”.
Fernando Suárez engadiu: “polo tanto quero convidar a todo o mundo, de Ribadeo ou de fóra, porque penso que teñen unha oportunidade moi boa para facerse con algún destes inmobles, ou cos dous, porque están nunha zona moi importante de Ribadeo, no casco vello e cunhas vistas impactantes, e en todo caso é vocación do Concello subastalos e con ese diñeiro seguir facendo actuacións de interese público”.





















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



