Lugo, 17 de setembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto aos deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e de Deportes, Efrén Castro Caloto, o Alcalde burelés, Alfredo Llano García, e outros membros da Corporación provincial, recibiron este martes ao Presidente do Pescados Rubén FS, Manuel Blanco Fanego, ao corpo técnico e ás xogadoras do primeiro equipo. O Pescados Rubén Burela FS vén de poñer o broche de ouro á temporada 2018-2019 gañando a Súper Copa de España, conquistada o 6 de setembro, e a 4 Nations Futsal Women’s Cup celebrada en Milán o 1 de setembro.
Tomé Roca explicou que é “un gran orgullo para nós tervos nesta casa, pois sodes un equipo de referencia e levades o nome da provincia, xa non só a toda España, se non tamén a Europa”.
A Deputación fai publicamente así un merecido recoñecemento á gran labor deportiva e social que desenvolve o Club, o único que conta con equipo feminino e masculino na Primeira División Nacional e que ademais desenvolve un destacado traballo en prol da igualdade de xénero, reflexado na sinatura dun convenio pioneiro en prol dos dereitos laborais e sociais das xogadoras.
Así mesmo, o Presidente felicitou á afección de Burela e a súa entrega co equipo, ao tempo que lle desexou ao Club moitos novos logros na vindeira temporada.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
