Lugo, 13 de setembro de 2019. A voceira do Goberno Provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Xunta de Goberno acordou hoxe a adxudicación dos traballos de conservación da rede viaria da provincia correspondentes a 2 lotes dos 8 nos que está divido este servizo. Farase cun investimento próximo aos 1,3 millóns de euros para tres anualidades, de 2019 a 2021.
García Porto sinalou que “estes 2 lotes aglutinan a 21 concellos das comarcas da Terra Chá e A Mariña”.
Ademais, lembrou que a Deputación licitou conxuntamente o ano pasado os 8 lotes nos que está dividido o contrato de conservación de estradas provinciais por un importe total de 6,4 millóns de euros para o período 2019-2021. “Na Xunta de Goberno de hoxe adxudicáronse 2 lotes, a semana pasada démoslle luz verde a outros 5 e faltaría un que xa se está en trámite coa previsión de que poidan adxudicarse nas próximas semanas”, sinalou.
Ademais, resaltou a importancia deste contrato “que dá mostra de que para nós a mellora das comunicacións viarias é unha prioridade porque son necesarias para garantir a igualdade de oportunidades”.
En canto ao prego que rexe a contratación deste servizo de contratación, inclúense novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública, o emprego fixo e de calidade, á pequena empresa e á protección do medio ambiente.
Nesta Xunta de Goberno tamén se aprobou un convenio de cooperación entre a Deputación de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos para a organización do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019. A colaboración acordada foi de 40.000 euros. “Apostamos por este evento, no marco do noso compromiso co turismo, nunha zona que está en auxe e que as cifras o avalan, este verán foi de récord, acadando case o 100 % na ocupación hoteleira”, aseverou a voceira do Goberno Provincial.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.