Barreiros, 24 de setembro, 2019. Dentro das inversións a financiar co Plan Único de Cooperación cos Concellos 2019 está a adquisición de equipamento para traballos de mantemento en áreas verdes, camiños,… e concretamente a de unha desbrozadora para acoplar ao tractor. “Trátase dunha ferramenta complementaria a outra de brazo, da cal xa se dispón, pero que para determinados traballos resulta máis operativa este tipo de desbrozadoras.” segundo apunta o concelleiro de Obras, Antonio Veiga.
O presuposto base da licitación ten un importe de 9.700€ (máis IVE) e o suministro deberá ser entregado antes do 31 de decembro de 2019
O prazo para presentar as ofertas é dende o 26 de setembro ó 10 de outubro (ambos inclusive). A documentación presentarase nas oficinas municipais do Concello de Barreiros (Rúa Vila nº 63. 27790 San Cosme de Barreiros). De igual modo, as ofertas poderán ser presentadas por correo. En tal caso, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax no mesmo día (982124110).
A documentación (declaración responsable e oferta económica) irá nun sobre pechado, identificado no seu exterior, coa indicación “Licitación de subministro de desbrozadora”, firmado polo licitador ou a persoa que o represente e indicando o nome e apelidos ou razón social da empresa.
Na web municipal está publicada toda a información e documentación precisa para ofertar a licitación.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



