Alfoz, 24 de setembro de 2019. Tan só un día despois de que Via Alfoz presentase por rexistro unha moción instando ao pleno para que o Concello de Alfoz, no ámbito das súas competencias, cree o Rexistro de Vivendas Baleiras de Alfoz, coa finalidade principal de paliar a perda de poboación coa posta en valor das vivendas deshabitadas, o propio goberno municipal lanza a noticia da creación dunha bolsa de vivendas sen esperar tan sequera á celebración do Pleno, que terá lugar o vindeiro venres.
Desde Via Alfoz aplauden esta medida, aínda que se senten sorprendidos non só polo momento da súa publicación, senón porque “esta iniciativa foi proposta por Via a mediados da pasada lexislatura sen conseguir o apoio por parte do Psoe”, indican desde o Grupo Municipal. En calquera caso, desde Via, consideran fundamental que este tema se debata no Pleno pois, a proposta que se formula na moción, non parece corresponder exactamente á medida do actual goberno de Alfoz.
Vía Alfoz considera que, coa creación do Rexistro de Vivendas Baleiras de Alfoz, se conseguirá informar e facilitar o contacto entre propietarios de vivendas baleiras e os potenciais inquilinos ou compradores. Non obstante, deberán ser exclusivamente as partes interesadas as que fixen os termos dun posible acordo, sen que o Concello de Alfoz poda predeterminar, valorar, nin condicionar o negocio xurídico que, no seu caso, celebren libremente as partes baixo a súa responsabilidade e que se rexerá pola lexislación aplicable. A creación deste rexistro será un complemento ao Programa de Vivendas Baleiras do Instituto Galego de Vivenda e Solo, destinado, sobre todo, ás vivendas que non cumpran as condicións que esixe dito programa ou aquelas cuxos propietarios pretendan a súa venda.
Respecto ao Programa de Vivendas Baleiras do IGVS, desde Via recordan que no pleno celebrado o 1 de marzo de 2019 se acordou por unanimidade comunicarlle ao IGVS o desexo do Concello de Alfoz de participar en dito progarma. Posteriormente Joge Val, alcalde de Alfoz, e Xabier Pardiñas, actual voceiro de Via e daquela responsable de urbanismo e vivenda do concello, participaron nunha reunión en Santiago no propio Instituto Galego de Vivenda e Solo, para aprobar definitivamente as bases reguladoras do programa de vivendas do Concello de Alfoz no pleno de 19 de abril de 2019. O propio Xabier Pardiñas sorpréndese deste “acto propagandístico”, indicando que “non entendo porque neste momento se promete algo que xa está aprobado na lexislatura pasada”. Recorda ademais sobre este tema xa houbera discrepancias entre Via e o Psoe pois, “mentres que nós queríamos que o programa se aplicara tanto para vivendas de propiedade pública como privada, desde o Psoe tan so pretendían adherirse ao programa para rehabilitar as antigas casas dos mestres” razón pola que insiste “síntome sorprendido pero ao mesmo tempo satisfeito de que o señor Val corrixise o seu erro e nos dese a razón. Para algúns as cousas solo están ben cando saen da súa boca”. Xabier Pardiñas recorda así mesmo que “en alusión ao subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres debo indicar que a convocatoria do ano 2019 rematou o pasado 31 de maio, estando o goberno en funcións” non estando convocadas neste intre a seguinte anualidade. Ademais, como recorda Pardiñas “o Concello de Alfoz non cumpre actualmente todos os requisitos para poder solicitar esta axuda”.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



