Cervo, 03 de Outubro de 2019. O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse por segunda semana consecutiva á concentración promovida polo Comité de Empresa de Alcoa que terá lugar mañá venres, 4 de outubro, na entrada da fábrica, entre as 14:00 e as 14:30 horas “co obxectivo de reivindicar un prezo da enerxía competitivo que garanta o emprego e a permanencia a empresa do aluminio na nosa zona”.
Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, reunimos de novo ao Comité de Empresa do Concello para “convidar aos empregados a que se sumen unha semana máis a esta protesta, pechando mañá os servizos que presta a Administración local ás 13:30 horas, agás o da Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para favorecer a conciliación familiar”.
Villares insistiu na importancia de visibilizar o noso problema, “todos os mariñáns temos que ser conscientes de que o posible peche de Alcoa nos afectaría a todos, absolutamente a todos dun xeito irreversible; polo que temos que botar man de todas as armas que temos ao noso alcance para tentar evitar ese abismo ao que se pode asomar a nosa zona”.
O rexedor fixo fincapé na idea de que estas mobilizacións non teñen siglas, son un chamamento para que toda unha Comarca berre ao unísono “para facernos escoitar e que Goberno central nos dea xa unha solución a esta grave situación”.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



