Viveiro, 3 de outubro, 2019. «Quedámonos sós no pleno na defensa do comercio de Viveiro», di o portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, á vista de que os outros grupos acordaron fixar o segundo día festivo local como non querían os representantes do sector que máis xente emprega na cidade do Landro. Foi, sinala Rodríguez, un pleno moi longo, maratoniano, no que o PP representou, unha vez máis, a voz e as aspiracións dos cidadáns de Viveiro.
No 2020, o día de San Roque, un dos festivos locais tradicionais, cae en domingo. Por ese motivo, estudouse o cambio. Finalmente, desoíndo os desexos do comercio de Viveiro, e contra o parecer dos concelleiros do PP, o pleno fixou como festivo local o luns do Naseiro. Óscar Rodríguez sinala que o seu grupo defendeu o que demandaban os comerciantes, que era o traslado do festivo local ao 2 de novembro. Rodríguez destaca: «Non podemos entender por que se tomou unha decisión que contraría os desexos dun sector que atravesa unha crise e que é dos que máis emprego xera en Viveiro».
Os populares viron saír adiante as dúas mocións que presentaron. A proposta para instar ao Goberno a adoptar medidas para garantir o futuro de Alcoa foi aprobada por maioría. A iniciativa popular tiña por finalidade instar ao Goberno central a garantir un marco enerxético estable e competitivo e aprobar, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas.
Polo seu lado, a moción para crear espazos compartidos para persoas e animais de compañía tamén mereceu o respaldo por maioría dos membros da corporación municipal. A iniciativa aprobada incluía crear unha comisión formada por políticos, técnicos e veciños para acordar a ubicación de ditas áreas compartidas
Rodríguez destacou que na sesión quedaron preguntas do PP por responder, como é o caso das que fixeron en relación con retraso no pago aos xubilados municipais do incentivo previsto no convenio de persoal laboral.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



