Lugo, 7 de outubro de 2019. A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou 3,4 millóns de euros (3.465.380 euros) a 33 empresas forestais da provincia de Lugo a través dun programa de axudas para mellorar a competitividade do sector.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu conta hoxe da resolución pola que se conceden achegas a microempresas e pequenas e medianas empresas do sector para os investimentos realizados en zonas rurais en tecnoloxías forestais, e procesamento, mobilización e comercialización de produtos. O investimento subvencionable declarado polas 33 empresas lucenses beneficiarias ascende a 9,2 millóns de euros (9.256.958 euros), e a porcentaxe media da axuda ronda o 40%.
As empresas investiron na modernización das instalacións e dos medios de produción. Así, entre as actuacións subvencionadas destaca a compra de equipamento -adquisición de 8 autocargadores, 11 procesadoras de madeira e 6 cabezais taladores, entre outros- e acondicionamento das instalacións, como a mellora da protección contra incendios, a construción dun parque de almacenamento de madeira, ou a incorporación dun novo sistema automático de pesada.
Polo que respecta á distribución por comarcas, 19 empresas están situadas na Mariña, que actualmente é a comarca lucense con maior superficie forestal destinada ao aproveitamento madeireiro e con maior volume de cortas. Suman preto de 2 millóns de euros en axudas e de 5,3 millóns de investimento subvencionable.
Nas comarcas da Terra Chá e Meira hai sete empresas beneficiarias; suman 1 millón de euros en axudas para un investimento realizado de 2,8 millóns. Seis empresas máis son da comarca de Lugo, con axudas que ascenden a 417.000 euros para un investimento de 1 millón de euros. Por último, da zona Sur hai unha empresa, que conta cunha axuda de 48.800 euros para un investimento de 122.000 euros.
O delegado subliñou que estas axudas son xestionadas pola Axencia Galega da Industria Forestal, un instrumento creado hai dous anos para impulsar o sector e facelo máis competitivo a través da innovación e a diversificación.
Ao respecto, Balseiro destacou o peso que ten o sector forestal na provincia, que xera 3.000 empregos directos e 7.000 indirectos; no que vai de ano rexistráronse 2,9 millóns de metros cúbicos de madeira cortada nos montes de Lugo.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



