A Mariña, 16 de outubro, 2019. A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Os próximos cursos, que abordarán a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este venres 18 en O Valadouro (Local social da comunidade de montes de Alaxe, en Tanín), a partir das 16 horas; e o sábado 19 en Trabada (Teleclub de Vilapena), a partir das 10 horas.
O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.
Ambas actividades permitirán que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.
Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



