Nota de Prensa
O BNG CONSIDERA UN ESCÁNDALO QUE O CONCELLO REDUCISE A DISPONIBILIDADE ECÓNOMICA DOS SEUS ORZAMENTOS DE 2010 EN MÁIS DE 832.000 EUROS POLA DÉBEDA DE ANOS ANTERIORES. OS NACIONALISTAS ASEGURAN QUE A XESTIÓN ECONÓMICA DO PP EN BARREIROS É TAN DESASTROSA COMA A URBANÍSTICA.
Barreiros, 26 de marzo de 2010. O BNG de Barreiros considera un escándalo que a día de hoxe o Concello de Barreiros reducise a disponibilidade económica nos seus orzamentos en máis de 832.000 euros pola débeda de anos anteriores. Os nacionalistas aseguran que a xestión económica do PP en Barreiros é tan desastrosa coma a urbanística “e eso a pesares de contar cun flamante concelleiro de economía”.
Para Xesús Díaz “escandaloso que o Concello de Barreiros reducise a disponibilidade económica nos seus orzamentos en máis de 832.000 euros pola débeda de anos anteriores. Esa cifra sumada ao gasto fixo de persoal de 1,7 millóns de euros, fai que dos 3,5 millóns de euros de orzamento para este 2010 xa estean comprometidos nin máis nin menos que 2,5 millóns. De seguir así a mediados de ano o Concello non terá fondos para gastar en nada e eso sen saber si os ingresos cos que se conta chegan a producirse. Se non fose así habería que recurrir a buscar algún tipo de financiación con créditos, unha situación que será moi difícil de aguantar”.
Segundo explican desde o BNG “o Concello de Barreiros levou ao pleno ordinario celebrado onte un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 243.000 euros dos que 107.070 son para pagar gastos de servizos xurídicos polos contenciosos en materia de urbanismo. Xa na sesión do 29 de xaneiro deste ano recoñeceranse 589.000 euros de facturas pendentes de pago dos anos 2008 e 2009. E no que vai deste 2010 temos un total de 832.731,74 € de débeda recoñecida, á que teñen que facer fronte con cargo aos orzamentos deste ano. Iste é pois un gasto ineludible e de obrigado cumprimento, xunto cos gastos de persoal, según se recolle no informe de intervención”.
Díaz engade que “é curioso que xa no seu día a secretaria-interventora advertíu cando se aprobaron os orzamentos de 2009 que éstes non contemplaban o suficente crédito para facer fronte aos gastos xudiciais que se prevían, dada a cantidade de contenciosos nos que estaba inmerso o Concello e a alcaldía non fixo caso dese informe”.
Desde o Bloque Nacionalista Galego advirten que “con esta situación probablemente a mediados de ano, o Concello de Barreiros non poida facer fronte a moitos gastos, pois, como di o informe da interventora emitido para este pleno: Este recoñecemento extraxudicial de créditos implica unha necesaria contención do gasto neste exercicio 2010 xa que estes gastos esgotan unha parte importante das partidas de gastos correntes e unha parte de inversión. Son gastos prioritarios no pago, xunto cos gastos de persoal”.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



