Ribadeo, 23 de outubro de 2019. Unha trintena de persoas, entre os que se atopan profesores e directores de centros educativos da Mariña, empresarios e público xeral, asisten esta tarde no CIFP Porta da Auga de Ribadeo á primeira xornada sobre a FP Dual, que organiza o Departamento de Dinamización da FP Dual na Mariña lucense. Á cita asisten como poñentes María Isabel Carro Garrote, do departamento de recursos humanos de Navantia en Ferrol e titora da 1ª promoción do ciclo de Dual de Mecatrónica; Enrique Pazo López, director do CIFP de Ferrolterra; Miguel Calvo Bello, xefe de departamento de Instalacións e Mantemento do CIFP Ferrolterra e titor de Mecatrónica con Navantia; e Nicolás Espasantín Gerpe, asesor da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Espasantín Gerpe lembrou que a FP Dual comezou a súa andaina en Galicia no curso 2012/13 e subliñou que este método implica que o alumnado pase máis tempo nas empresas. Na súa intervención referiuse ás dúas modalidades de formación dual que hai: á de réxime ordinario e á de réxime de persoas adultas e subliñou que alumnas e alumnos experimentan unha inmersión completa na empresa, no entorno xeral de produción e na vida laboral. O 33% das horas do ciclo teñen que facelos nas empresas que asinan os convenios de colaboración coa Consellería de Educación.
Álvaro Doural, responsable do Departamento de Dinamización da FP Dual na Mariña, salientou na presentación desta cita que “estas xornadas teñen como obxectivo claro dar a coñecer a formación dual. Na Mariña neste momento non hai un gran nivel de implantación de FP dual. Consideramos que é outra posibilidade máis para conseguir emprego e para resolver un tema clave por parte das empresas como é a falta de persoal cualificado”.
Doural dixo que “queremos chegar a empresarios, a alumnos, a profesores e a pais, que son un elemento importante porque a información moitas veces non chega ás familias. Desde o Departamento de Dinamización de FP Dual na Mariña pretendemos realizar unha serie de actividades para poder chegar aos pais e ás familias e que vexan a importancia que ten este tipo de formación profesional a nivel de que os seus fillos nun futuro poden conseguir un emprego”.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes a esta 1ª xornada sobre a FP Dual.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



